Temas: DESAPARECIDO

Localizada a parella de octoxenarios que desapareceu no Valadouro tras ir votar

Os dous anciáns foron localizados "en bo estado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A parella de octoxenarios do Valadouro (Lugo) á que buscaban ao non regresar a casa tras ir votar este domingo foi atopada viva no mesmo vehículo no que se fora nunha saída da autovía A-8.

Garda Civil
Garda Civil

Os dous octoxenarios foron localizados sobre as 16,00 horas deste luns no seu vehículo nunha das saídas da A-8.

Os dous anciáns foron localizados "en bo estado", destacaron as fontes da Garda Civil, pero foron trasladados a un centro sanitario para ser sometidos a unha valoración médica.

A Garda Civil despregara un operativo de procura para localizar os dous octoxenarios que saíron a votar aos comicios deste domingo e que non regresaron ao seu domicilio no Valadouro.

A familia denunciou a desaparición na madrugada deste luns dunha parella que reside en Ferreira do Valadouro, tras non ter noticias deles desde que saíron en coche para ir votar.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta