O Concello da Coruña abre o período de consulta sobre o Banco de Vivendas de Aluguer

Por E.P. | A CORUÑA | 29/04/2019 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña abriu o período de consulta previa sobre o Banco de Vivendas de Aluguer co que a Empresa Municipal de Vivenda (Emvsa) facilitará o acceso a un inmoble a veciños con máis dificultades.

Segundo explica o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, con este procedemento "o goberno local poderá coñecer as achegas e recomendacións de toda a cidadanía, especialmente actores e entidades implicadas no ámbito social".

As persoas que o desexen poderán descargar da web municipal o regulamento e remitir antes do 14 de maio ao correo electrónico 'rehabilitacionvivenda@coruna.es' "as súas opinións, valoracións ou suxestións".

A intención do goberno local é que Emvsa xestione un Banco de Vivenda e articular un sistema de "aluguer social ou reducido". "Emvsa funcionará como mediadora entre persoas arrendadoras e arrendatarias e alugará vivendas, preferentemente no termo municipal da Coruña.

Vivendas en aluguer
Vivendas en aluguer | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta