Feijóo imita a Sánchez con medidas de política social

A Xunta prevé unha partida de 3 millóns para vivenda na lei que lle permitirá gastar o seu superávit. Os socialistas lembran que se deixaron sen exucutar nesta materia máis de 100 millóns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2019 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mércores a intención do seu Goberno de reservar unha partida de 3 millóns de euros para vivenda na lei que será levada ao Parlamento galego que lle permitirá evitar a autorización do Executivo central á hora de poder investir os 125 millóns de superávit.

Adiantouno durante a sesión de control celebrada no Lexislativo autonómico, onde o portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, afeou a "pasividade" da Xunta nesta materia, porque mentres as previsións de gasto en vivenda "superaban os 200 millóns de euros" en 2009, nos "últimos catro exercicios" esta partida era "un terzo" e deixáronse "sen executar" 100 millóns "que se perderon".

Ademais, o hipotético salto de Feijóo á política nacional despois da caída do PP nos comicios xerais do domingo coouse no debate parlamentario. "Despois da resaca electoral non vai ter moita atención, témome, as políticas de vivenda. Agás que vostede nos diga que está a buscar vivenda en Madrid", ironizou.

Pola súa banda, Feijóo felicitou a Leiceaga a vitoria do PSOE non só a nivel estatal, senón tamén a nivel galego, e respondeulle: "Non lle vou a falar da súa vivenda en Madrid porque me parece absolutamente inapropiado e ademais botariámolo de menos moitísimo. (...) Quede en Galicia, señor Leiceaga, do mesmo xeito que eu estou en Galicia".

Vivenda. EUROPA PRESS - Arquivo
Vivenda. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta