Temas: FP EDUCACIóN

Francisco Conde quere que os alumnos vexan "a realidade do mercado de traballo" a través da FP

O conselleiro de Economía destacou que "a formación é a mellor garantía para responder aos novos perfís profesionais derivados da transformación dixital",

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2019 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, reivindicou a FP Dual que promove a Xunta e que combina teoría e prácticas laborais, como unha boa forma de "achegar aos alumnos a realidade do mercado de traballo".

"Nove de cada dez estudantes que cursan en Galicia a FP Dual en Galicia accederon a un emprego", asegurou o conselleiro, para quen este tipo de formación "é unha aposta segura para quen se decante por cursar algunha das súas especialidades".

Conde realizou estas declaracións durante a súa intervención este martes na Mostra FP Lemos, organizada polos institutos Daviña Rei, Río Cabe e A Pinguela, na que estivo acompañado polo director xeral de Educación e Innovación Educativa, Manuel Corredoira.

Do mesmo, destacou que "a formación é a mellor garantía para responder aos novos perfís profesionais derivados da transformación dixital", segundo expuxo a Xunta nun comunicado.

A transformación tecnolóxica, segundo Francisco Conde, "xa se está notando nos principais sectores estratéxicos da economía galega que precisan profesionais cualificados para cubrir as especialidades que máis demanda o mercado laboral neste momento".

Por último, o representante da Xunta lembrou que o Goberno galego "acaba de aprobar o Plan galego de formación, que ofertará máis de 1.880 cursos nos próximos dous anos para cualificar en centros homologados a máis de 26.000 desempregados e ocupados".

E tamén aludiu ao cooperativismo, aos espazos de coworking e ás asociacións de emprendimiento como outras alternativas para emprender.

Francisco Conde
Francisco Conde | Fonte: E.P.

Temas: FP EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta