Os problemas internos de Vox poden provocar que quede sen algunha lista na Coruña

A Xunta Electoral tivo que intervir para analizar algunha das candidaturas presentadas. Houbo problemas nas catro que se presentan pola Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/05/2019 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

As catro candidaturas que Vox quere presentar para as eleccións municipais na provincia da Coruña; Sada, Santiago, A Coruña e Ferrol, están baixo lupa. De feito, algunhas delas, como a da Coruña e Ferrol, xa foron analizadas pola Xunta Electoral ante a evidencia de irregularidades.

O dirixente de Vox
O dirixente de Vox | Fonte: M.A Santos - Europa Press

Tal e como xa informou Galicia Confidencial a pasada semana, finalmente, a composición das listas está resultando un quebracabezas para os dirixentes da formación de ultradereita. Moitos dos que ían nas listas acabaron por renunciar tras modificarse a súa posición nas mesmas e outros, directamente, por ser excluídos delas.

De feito, moitos candidatos non deron o seu  consentimento para figurar no posto no que se lles situou. Ademais, moitos integrantes das listas coñeceron onde se situaban na candidatura no momento da publicación das listas no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

É tal o caos interno que a Xunta Electoral tivo que tomar cartas no asunto para comprobar a validez dalgunhas destas candidaturas. Unhas listas que terán o OK definitivo este xoves e que poderína provocar que algunhas delas quedaran sen presentarse. 

Segundo as fontes consultadas, o PP está disposto a impugnar algunha destas candidaturas por irregularidades. Unhas irregularidades que se refiren á composición da lista, a modificación de candidatos sen consentimento e, a máis grave, a sinatura de postos de lista sen que se enteraran os propios candidatos. Algúns falan abertamente de “falsificación de sinaturas”.  

VÍA PENAL

Fontes consultadas por GC confirmaron que existen xa denuncias que poderían chegar á vía penal porque algún ou varios dos nomes que aparecen na candidatura non darían o seu consentimento para iso ou, o que é o mesmo, non serían os autores da firma coa que se rexistrou.

Esta situación que se está dando nas listas de Vox é parella á que xa se deu noutros puntos do estado e que están demostrando a febre estrutura política que ten a ultradereita a pesar dos resultados obtidos nas xerais e nas eleccións andaluzas. Unha situación que pode acabar sen listas de Vox en importantes cidades e concellos, entre eles, algúns galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta