A siniestralidade viaria aumenta un 66% en Galicia

No que vai de ano houbo 30 mortos en 30 sinistros, 12 falecidos máis que o exercicio anterior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2019 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

Abril concluíu con nove falecidos en nove accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega, fronte á ausencia de vítimas no mesmo mes de 2018. Segundo os datos difundidos este xoves pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), cinco das vítimas faleceron en cinco sinistros na provincia de Pontevedra e catro na da Coruña.

De nove accidentes de tráfico, catro debéronse a saídas de vía e os outros cinco sinistros a colisións, segundo consta nos datos da DXT. En canto ás idades das vítimas mortais, unha delas tiña entre os 15 e 24 anos; tres situábanse entre os 25 e 44; tres, entre os 45 e 64; e dous eran maiores de 65 anos.

XANEIRO-ABRIL

Ata o fin de abril de 2019 rexistráronse 30 falecidos en 30 accidentes de tráfico na rede viaria galega, o que supón un 66,7% máis que no catro primeiros meses de 2018, que concluíron con 18 mortos en 18 sinistros.

Os maiores incrementos corresponderon á provincia de Pontevedra, con 10 mortos fronte a un en 2018; e Lugo, con catro vítimas fronte ás dúas do ano anterior. Séguelle A Coruña, con 12 falecidos fronte ás 11 de 2018, mentres que en Ourense houbo catro en ambos os períodos.

Os accidentes con feridos en Galicia baixan á metade en Semana Santa, con dous falecidos na provincia de Pontevedra. GARDA CIVIL
Os accidentes con feridos en Galicia baixan á metade en Semana Santa, con dous falecidos na provincia de Pontevedra. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta