O BNG quere acabar coas Deputacións por "anacrónicas", aínda que goberne nelas

A deputada do partido Olalla Rodil pon de exemplo a Deputación de Lugo, tras os incidentes desta semana, onde ata houbo insultos de por medio. Con todo, os nacionalistas gobernan nas deputacións de Pontevedra e A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2019 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, insistiu este xoves no rexeitamento da formación á existencia das Deputacións, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada de Xosé Ferreiro e Rubén Arroxo, portavoces provincial e municipal, na que os nacionalistas matizaron que dado que "o marco normativo é o que é", mentres se manteñan apoiarán unha política de "democratización" destas institucións.

LUGO (BNG Dipus)
LUGO (BNG Dipus) | Fonte: Europa Press

A pesar de denunciar este tipo de institucións e de pedir que se supriman, o BNG leva gobernando varias lexislaturas nos organismos provinciais xunto co PSOE. Faino actualmente nas deputacións da Coruña e Pontevedra e tamén o fixo na de Lugo ata este mandato, con Xosé Ferreiro, ademais, con tarefas no goberno provincial.

De feito, e como exemplo do "anacronismo" das Deputacións situaron á de Lugo, e fixeron referencia á "imaxe bochornosa e vergoñosa" que se produciu tras o último pleno nun enfrontamento, con insultos, entre o deputado non adscrito e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, e o deputado socialista e alcalde de Pol, Lino Rodríguez, a conta das residencias para maiores.

Rodil denunciou que "as deputacións non atenden á realidade, nin social, nin demográfica, nin territorial, das comarcas que existen na provincia de Lugo". "Un dos elementos máis claros para defender que deben desaparecer é que ademais do anacronismo que representan, son absolutamente antidemocráticas, onde non son elixidas as persoas que as compoñen de maneira directa polos cidadáns e cidadás", sinalou.

No entanto, puntualizou que "como marco normativo é o que é" e ata que teñan "a capacidade para disolvelas e facelas desaparecer", apostarán "por desenvolver unha política que democratice na medida do posible esas institucións, e iso pasa por seguir afianzando o Plan Único e dotar de máis recursos económicos a ese plan e que sexan os concellos os que reciban os fondos públicos para a súa xestión".

O portavoz nacionalista na Deputación, Xosé Ferreiro, asegurou que no pleno do pasado martes pasou "moitísima vergoña, ata límites que ninguén se pode imaxinar". "O que nos gustaría é que a pesar do ocorrido o outro día, que é un colofón que expresa parte do que pasou neste mandato, é pór en valor o traballo do BNG nesa institución", expuxo.

Sexa como sexa, Ferreiro presumiu que o BNG nestes catro anos "presentou máis de cen iniciativas políticas na deputación, as mesmas que o grupo popular con doce deputados fronte a dous nosos". Sobre todo puxo en valor que grazas a unha iniciativa dos nacionalistas púxose en marcha o Plan Único, "cunha repartición obxectiva de fondos a todos os concellos da provincia (67), algo descoñecido na Deputación de Lugo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Sentidiño

É infantil esixir aos detractores das deputacións que non se presenten. En primeiro lugar, porque para as deputacións non hai eleccións (derivan dos resultados das municipais). En segundo, porque os republicanos non poderían participar nos países con monarquía, porque os nacionalistas cataláns ou vascos non poderían presentarse, porque Fraga e AP non votaron a constitución e deberan terse retirado... Por certo: o 26M, a ultradeita vaise presentar ás autonómicas...

6 Roxalia

De cara a galería din que queren acabar con eses niños de caciquismo que son as deputacións, pero na realidade chuchan delas da man do PSOE e piden cuotas para enchufar aos seus. Hipocrisía sipaia.

5 Guillerme Gintonic

Esta é a que está todo o día co móbil e o portátil no Parlamento Galego e NUNCA escoita as intervencións de ninguén, agás as do BNG

4 Galeguiña

O anacrónico é o BNG

1 unmais

Un pouco de seriedade, critique as propostas e de razons deixease de descalificar sen motivo, as deputacions non son so anacrónicas senon que non teñen una función real desde que hai autonomía ou sexa son un gasto imnecesario

3 Canta razón tedes

Claro o mellor é deixar que as goberne o PP asi seguro que vos compra moita publicidade