A Xunta pon en marcha unha quenda de garda de traballadores sociais para vítimas de violencia de xénero

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2019 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A Xunta habilitou unha quenda de garda social especializada e permanente, operativo 24 horas e 365 días ao ano, para acompañamento a mulleres vítimas de xénero e aos seus fillos menores. O acordo entre a Xunta e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, que estará dotado con 253.000 euros, foi anunciado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao termo do Consello.

O convenio dará acceso ás vítimas a unha atención personalizada e profesional desde o momento no que se presente a denuncia. En concreto, os profesionais de apoio ofrecerán ás mulleres información sobre as axudas e recursos dispoñibles e un apoio integral.

Feijóo destacou que o acordo se enmarca no Plan de actuación aprobado hai semanas, coa vontade de desenvolver na comunidade o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e completa algunha das medidas postas en marcha para mellorar a resposta que se lle dá ás vítimas, como é o caso da quenda da garda psicolóxica.

O servizo poderá ser activado polas forzas e corpos de seguridade de Galicia ou polos Xulgados con competencias na materia. O procedemento comezará cunha chamada ao teléfono de información ás mulleres 900 400 273, que se porá en contacto co profesional de garda para garantir a súa presenza inmediata

As intervencións coordinaranse de forma que a intervención do traballador social terá lugar unha vez que se inicie ou finalice a do psicólogo. Ademais, os profesionais que formen parte desta garda recibirán formación especializada.

Feijóo sinalou que se trata dun novo recurso a disposición das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e e fillas a través dun sistema que habilita acompañamento e axuda na toma de decisións.

O novo servizo sumar á quenda de garda psicolóxica especializada e permanente que se puxo en marcha por primeira vez a finais de 2018 a través dun convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que garante a presenza dun profesional desde o primeiro momento para atender ás necesidades psicolóxicas das mulleres e previr a posible victimización secundaria, entre outros obxectivos.

Ambas as iniciativas inscríbense no marco das medidas previstas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que establece a necesidade de habilitar un sistema de acompañamento e de axuda na toma de decisións a mulleres vítimas da violencia de xénero.

Presentación da campaña do Día contra a Violencia de Xénero 2018
Presentación da campaña do Día contra a Violencia de Xénero 2018 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta