Suspendido un xuízo tras coñecer o presidente da sala a morte do seu pai de 103 anos

Feliciano Trebolle, presidente da Audiencia de Valladolid, continuou emocionado parte da vista, ata que supendeu o xuízo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/05/2019 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A morte do pai do presidente da Audiencia de Valladolid, o galego Feliciano Trebolle, que pillou por sorpresa ao maxistrado mentres presidía este venres o xuízo con xurado polo crime de Sara, a nena de catro anos de cuxo asasinato están acusados a súa nai biolóxica e o noivo desta, obrigou a suspender a vista oral ata o próximo día 8 de maio.

Non transcorrera máis dunha hora desde o inicio da sexta xornada, tras o interrogatorio de dous membros da Brigada de Policía Científica e mentres as partes procedían ao interrogatorio dunha terceiro axente, cando unha chamada telefónica interrompía a sesión para que o presidente do tribunal do xurado, Feliciano Trebolle, abandonase a sala.

Aos poucos minutos, o maxistrado tomaba a palabra para anunciar que acababa de recibir a noticia do falecemento do seu pai, de 103 anos, veciño de Ourense, quen se atopaba desde hai uns días en delicado estado ingresado nun centro hospitalario.

Con todo, Trebolle, emocionado, tivo aínda arrestos para proseguir co interrogatorio da testemuña-perita, a inspectora que redactou o informe sobre a inspección ocular realizada no domicilio onde Sara, a pequena de 4 anos, foi atopaba medio morta a mañá do día 2 de agosto de 2017.

Concluída a testifical, e tras as condolencias das distintas partes, o presidente do tribunal acordou suspender o xuízo ata o próximo día 8 de maio, a partir das 11.00 horas, co que o proceso xudicial dilatarase máis aló do 14 de maio, data inicialmente prevista para a súa conclusión.

Audiencia de Valladolid
Audiencia de Valladolid | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta