Unha tenda solidaria para a Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea

O Espazo +60 da Coruña de Afundación abre un mercadiño para axudar a ASOTRAME.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/05/2019 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Os socios e socias do Espazo +60 da Coruña de Afundación, a Obra Social de Abanca, puxeron en marcha unha tenda solidaria cuxos beneficios se destinarán á Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea (ASOTRAME). Estará aberta ata o vindeiro 31 de maio no propio Espazo +60.

Tenda solidaria.
Tenda solidaria.

Os produtos que se poden comprar na tenda solidaria foron elaborados por persoas voluntarias do Espazo +60 da Coruña participantes no «Taller solidario» durante todo o curso. Neste mercadiño poderanse atopar traballos de artesanía e bixutería, desde roupa infantil a manteis, bolsas de merenda, bonecos de panos bordados ou encaixes de Camariñas.

Esta actividade ten como finalidade o desenvolvemento de hábitos de reciclaxe e promove a creatividade e a imaxinación á vez que fomenta a solidariedade e a cooperación entre os participantes. Está enmarcada dentro do programa «O valor da experiencia» da Área de Envellecemento Activo, que ten como obxectivo potenciar o papel activo dos maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades de voluntariado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta