'SonDeSeu' interpretará a suite 'Cotobade' en homenaxe a Antonio Fraguas nun concerto polas letras galegas

A homenaxe ao artista será no Consello da Cultura Galega e baséase en que que Fraguas pasou en Santiago "a maioría da súa vida" que consistiu na recuperación de música tradicionais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2019 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A música regresa á programación das Letras Galegas para conmemorar o 'ano Fraguas', co concerto impulsado polo Consello da Cultura Galega que nesta ocasión dedicará especial atención á paixón do autor de Cotobade pola cultura tradicional.

É por iso que a entidade cultural contou co traballo da orquestra folk 'SonDeSeu', que compuxo a suite orixinal 'Cotobade', por parte de Xaquín Xesteira e Rodrigo Romaní, inspirándose en materiais recuperados da parroquia natal do propio Fraguas, que acompañarán xunto con pezas do seu repertorio habitual.

O concerto, que se celebrará o 16 de maio no Auditorio de Galicia de Compostela, foi presentado este venres en rolda de prensa por parte da presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e coa presenza de ambos os músicos.

Álvarez destacou que Antonio Fraguas pasou en Santiago "a maioría da súa vida" e é a cidade na que repousa e, ao mesmo tempo, parte do seu traballo en vida consistiu na recuperación de textos musicais tradicionais. Neste caso, tratábase dunha "ocasión excelente" para contar cun repertorio de música tradicional galega, ademais dunha composición nova grazas ao traballo dos músicos da orquestra.

Romaní, precisamente, agradeceu poder crear unha peza totalmente nova para esta ocasión, entendendo que a forma de impulsar a transmisión entre xeracións da música tradicional é achegando "novos puntos de vista" e "creatividade". "Son os alicerces desta aventura", destacou, respecto diso do proxecto 'SonDeSeu', que iniciou como unha escola de práctica e consolidouse como unha iniciativa musical a longo prazo e cunha traxectoria de 18 anos.

A suite 'Cotobade' ofrecerá 15 minutos de música ininterrompida, dividida en catro partes e con pasaxes baseadas nos materiais recadados na zona de Cercedo-Cotobade, xunto coa evocación do chamado 'Pasodobre de Viascón' gravado nos anos 80 por Ricardo Portela.

WEB FRAGUAS

Ademais do concerto das Letras, cuxa entrada será gratuíta e poderase recoller a partir do día 9 no despacho de billetes do Teatro Principal compostelán, o Consello da Cultura Galega aproveitou para presentar unha páxina web repleta de recursos e pezas sobre a figura de Fraguas.

Así, poderanse consultar traballos e textos seus realizados durante a súa etapa como investigador nesta institución, fragmentos de audio en entrevistas, unha biografía ou un arquivo gráfico.

Pazo de Raxoi (Santiago)
Pazo de Raxoi (Santiago) | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta