Temas: VALGA PSOE

Arquivada a denuncia do PSOE contra o Goberno de Valga por prevaricación e malversación

A Audiencia Provincial de Pontevedra rexeita o recurso de apelación contra o sobresemento provisional da causa, polo que o auto é firme.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2019 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra arquivou a denuncia presentada no verán de 2016 polo grupo municipal socialista contra o equipo de goberno de Valga polas chamadas Comisións de Coordinación e rexeita o recurso de apelación contra o sobresemento provisional da causa, polo que o auto é firme.

José María Bello Maneiro
José María Bello Maneiro | Fonte: Concello de Valga.

Os socialistas denunciaron que estas reunións, creadas a partir de 1991, só asistían edís do PP que cobraban entre 50 e 60 euros por encontro, celebrándose de forma semanal e sen a presenza de funcionarios que levantasen acta. O PSOE calculaba en "preto de medio millón de euros" o total embolsado por asistir a estas comisións.

O auto, dado a coñecer este sábado por parte do equipo de goberno, considera que estas reunións foron creadas legalmente e que as retribucións foron aprobadas anualmente polo pleno e sen informes en contra por parte de secretarios e interventores municipais.

Por iso, a Audiencia descarta a existencia de delitos de prevaricación administrativa e malversación de caudais públicos, posto que os concelleiros asistiron ás reunións e os pagos seguiron o procedemento legal.

O rexedor, José María Bello Maneiro, mostrou "o máximo respecto" polas decisións xudiciais e pediu aos concelleiros socialistas "que rectifiquen e recoñezan publicamente" que durante os últimos tres anos tentaron "enganar aos veciños".

"Todo o que se fixo e fai no Concello de Valga está dentro da legalidade", insistiu Belo Maneiro, quen destacou a celebración destas comisións como un órgano importante para a boa organización e funcionamento do municipio.

Doutra banda, lamentou que os seus familiares tiveron que sufrir "as consecuencias destes ataques e desta persecución persoal e política", na que escoitaron "barbaridades", e esixiron á candidata do PSOE que presente "inmediatamente a súa dimisión como cabeza de lista", ademais de que recoñeza "que todo foi unha basta estratexia política para manchar a imaxe" deste goberno.

Temas: VALGA PSOE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta