Sufocan incendios en edificios de Santiago e A Estrada, sen lamentar feridos

Os servizos de emerxencias traballaron na madrugada deste martes nas tarefas de extinción do incendio iniciado nunha palleira no termo municipal pontevedrés da Estrada, xunto a unha casa, pero non houbo persoas afectadas.

Por E.P. | LUGO | 07/05/2019 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

Dous incendios afectaron este martes a unha casa en Santiago e a unha palleira na Estrada sen que houbera que lamentar feridos. O de Santiago causou danos na parte do tellado da casa e o da Estrada deixou calcinada a palleira.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Segundo informou o 112 Galicia, o incidente da capital galega aconteceu na rúa Rueiro de Figueiriñas, na casa situada no número 17, sobre as 00,30 horas deste martes. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar o lume e, tras recibir o aviso, os xestores do servizo de emerxencias puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e da Policía Nacional.

O 112 Galicia tivo constancia de que o incendio se reavivou na mañá deste martes, polo que, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias requiriuse de novo a intervención dos servizos de emerxencia para atallar o lume.

A ESTRADA

Pola súa banda, os servizos de emerxencias traballaron na madrugada deste martes nas tarefas de extinción do incendio iniciado nunha palleira no termo municipal pontevedrés da Estrada, xunto a unha casa, pero non houbo persoas afectadas.

Segundo informou o 112 Galicia, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) recibiu a chamada dunha persoa particular sobre as 2,00 horas na que informou dun lume nunha palleira, moi preto dunha vivenda.

Por iso, por parte do 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros do Deza, dos efectivos do GES da Estrada de Protección Civil da localidade. Ademais, informouse os axentes da Garda Civil e Policía Local.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume finalizou pasados uns minutos das 2,45 horas deste martes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta