Unha banda de dez menores asaltaron e roubaron unha nave industrial en Viveiro

Causaron "numerosos danos" nas instalacións e levaron ordenadores con información importante da empresa.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 07/05/2019 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

A Policía Nacional identificou a dez menores como autores de roubos e danos nunha nave industrial no municipio de Viveiro (Lugo), na que causaron "numerosos danos".

Así o informou a Policía Nacional, que relatou que os feitos ocorreron o pasado día 16 de abril a plena luz do día cando, tras fracturar enreixados e xanelas, un grupo de dez menores accedeu á nave.

"Unha vez no interior trataron de forzar diversos armarios e caixas fortes e causaron numerosos danos", sinalou a Policía. Os menores apropiáronse de numeroso material de oficina, así como de equipos informáticos que contiñan información "de carácter reservado da empresa", abundou a Policía.

Tras as investigacións, por mor dos feitos e informes, identificouse os autores. O sucedido foi posto en coñecemento da Fiscalía de Menores.

Aos menores tomóuselles declaración como investigados en presenza dos seus representantes legais, asegura a Policía, que engade que se recuperou "gran parte do material subtraído", así como dos equipos informáticos. Nesta investigación interveu o Grupo Operativo e Policía Científica da Comisaría Local de Viveiro.

Identificados 10 menores por roubos e danos nunha nave industrial en Viveiro (Lugo). POLICÍA NACIONAL
Identificados 10 menores por roubos e danos nunha nave industrial en Viveiro (Lugo). POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta