O BNG pedirá, como vascos e cataláns, que Galicia teña o estatus de nación na UE

A "ilegalización" da Fundación Franco e chegar ata "o final" na denuncia a raíz do accidente do Alvia, outros compromisos. O Bloque vai coaligado con ERC e Bildu a estes comicios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2019 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou este martes as principais liñas do programa electoral para as eleccións europeas do 26 de maio, que coinciden coas municipais. Unha das súas reclamacións é o "recoñecemento de Galicia como nación", para que poida "ter presenza directa" nos foros nos que atenden os seus intereses.

26M.- O BNG Impulsará Como Primeira Medida En Europa Un Salario Mínimo Europeo E Seguirá A súa 'Loita Antifranquista'
26M.- O BNG Impulsará Como Primeira Medida En Europa Un Salario Mínimo Europeo E Seguirá A súa 'Loita Antifranquista' | Fonte: Europa Press

Así, defendeu que se non houbese presenza do Bloque, a pesca do 'xeito' estaría "prohibida", as limitacións da política agraria común (PAC) serían máis restritivas para Galicia ou a recuperación das rías sería un tema que "estaría morto". En rolda de prensa, a cabeza de lista, Ana Miranda, e a candidata á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, deron a coñecer as medidas da formación que, como primeira iniciativa, comprometeuse a impulsar un salario mínimo europeo. Ademais, tamén seguirán coa "loita antifranquista" desde as institucións.


Na súa intervención, Ana Miranda explicou que a primeira iniciativa en Europa será a de promover un salario mínimo social, que debería roldar o 60 por cento dos salarios medios, tendo en conta que hai grandes diferenzas entre os países membros.

Deste xeito, ademais dunha renda social mínima para aquelas persoas que non ten un ingreso, a candidata expresou a necesidade de que as persoas que traballen "non estean en situación de pobreza" a pesar de cobrar un salario que cubra o "mínimo vital". "Hai que polo en marcha", salientou Miranda, quen apelou á emigración en Galicia para explicar a necesidade de mozas e outras xeracións de marcharse a outros lugares de Europa para conseguir un traballo suficientemente remunerado.

E ligado á actividade das dúas dirixentes políticas, continuarán coa "loita contra o neofranquismo" e a "ultradereita que Galicia fai moito que padece", en palabras de Sanmartín, que tamén é vicepresidenta da Deputación da Coruña, unha das institucións que impulsou un informe xurídico (xunto cunha comisión de expertos promovida polo Parlamento galego) para que o Estado interpoña unha demanda co fin de recuperar para o patrimonio público o Pazo de Meirás.

Goretti Sanmartín reivindicou que "o BNG foi o primeiro que fixo unha petición" sobre a situación das estatuas do Mestre Mateo, que o Concello de Santiago acabou reclamando pola vía xudicial como propias ante a familia Franco, aínda que perdeu en primeira instancia. A candidata nacionalista tamén sinalou o traballo realizado, baseado nun informe de investigación de Carlos Babío (tamén candidato nas europeas) sobre o Pazo de Meirás.

PESCA

O compromiso do BNG esténdese a todos os sectores produtivos --agrario e pesqueiro-- e industriais, ás conexións de transporte --conexións ferroviarias, conexión directa con Portugal--, e a lograr unha Europa "social, dos pobos, que rescate as vidas" e que acolla aos refuxiados.

O feminismo, a defensa das persoas LGTBIQ, que se quiten os residuos radioactivos da fosa atlántica, o recoñecemento do Sahara e de Palestina como nación, a paralización de proxectos de megaminería e o cumprimento da directivas da auga e de residuos son outros dos asuntos que Ana Miranda leva en carteira do programa europeo.

CARTA EUROPEA LINGUAS MINORIZADAS

Así mesmo, os nacionalistas galegos tamén buscarán o cumprimento da Carta Europea de Linguas minorizadas e promover a diversidade cultural e lingüística. No seu programa, decláranse en contra dun exército europeo, a favor dos acordos comerciais xustos e antiimperialista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

As mentiras nunca foron boas conselleiras: CANDIDATURA NÚMERO 6 AHORA REPÚBLICAS (AHORA REPÚBLICAS) 1. Oriol Junqueras i Vies. 2. Pernando Barrena Arza. 3. Diana Riba i Giner. 4. Jordi Solé i Ferrando. 5. Ana Miranda Paz 6. Raquel Correa i Domènech. 7. Jordi Bacardit i Reguant. 8. Oihana Etxebarrieta Legrand. 9. Ana Bringas López. 10. Gorka Elejabarrieta Diaz. 11. Elisabet Nebreda i Vila. 12. Alfredo Suárez Canal Na Comunidade Autónoma de Galicia adoptará a seguinte denominación: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO AGORA REPÚBLICAS (BNG-AGORA REPÚBLICAS) expresándose únicamente os nomes dos seguintes candidatos: Ana Miranda Paz. Ana Bringas López. Alfredo Suárez Canal. Alfonso Mouzo Trillo. Luisa Baños González. Olaia Fernández Davila. Ermitas Rodríguez Gómez. Carlos Babío Urkidi. Suplentes Olga Castro Vázquez. Robert Neal Baxter. https://www.boe.es/boe/dias/2019/04...

1 Gamela

En Marea tamén conta a mesma trola... aínda que no caso de Lidia Senra vai de número dous... tampouco se entende que teñan que disfrazar as papeletas de votación! CANDIDATURA NÚMERO 16 COMPROMÍS PER EUROPA/COMPROMISO POR EUROPA (CPE) 1. Jordi Sebastià Talavera (COMPROMÍS). 2. Maria Lidia Senra Rodríguez (EN MAREA) Na Comunidade Autónoma de Galicia adoptará a siguiente denominación: EN MAREA: COMPROMISO POR EUROPA (CPE), expresándose únicamente os nomes dos siguientes candidatos: Maria Lidia Senra Rodríguez. Sandra María Pesqueira Pérez. Xoan Hermida González.