María Xosé Queizán e o libreiro Antonio Fernández Maira galardoados nos Premios do Libro Galego

Tamén será premiada como Escritora Galega Universal a autora portuguesa Maria Teresa Horta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2019 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A cuarta edición dos Premios do Libro Galego foi presentada este martes no Teatro Principal de Santiago de Compostela, co obxectivo de impulsar "a visualización dos libros en galego e a industria editorial, así como o fomento da lectura", sobre todo, cando está a pasar por unha "situación delicada".

A este evento acudiron representantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, ou o alcalde Martiño Noriega, entre outros.

Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, recalcou a necesidade da "defensa da edición en galego". "Vemos como pechan librarías e como diminúe o número de libros editados en galego", advertiu, ademais de instar a seguir "loitando" para poder seguir celebrando este tipo de veladas.

Sanmartín tamén destacou o carácter feminista desta edición pola actuación musical do grupo Habelas Hainas, a presentación da gala pola actriz Iria Pinheiro e o premio concedido a María Xosé Queizán.

O evento será celebrado o sábado 11 de maio no mesmo lugar, onde se dará a coñecer as obras gañadoras e os Premios Honoríficos de cada unha das entidades convocadas, que foron anunciadas durante a rolda de prensa deste martes.

Entre os Premios Honoríficos están á categoría de Editora, concedido pola Xunta directiva da Asociación Galega de Editoras a María Xosé Queizán; o Premio Honorífico á Libraría, outorgado pola Federación de Librarías de Galicia a Antonio Fernández Maira e por último, a Escritora Galega Universal, adxudicado á autora portuguesa Maria Teresa Horta.

O traballo editorial galego será galardoado na cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego. CONCELLO DE SANTIAGO
O traballo editorial galego será galardoado na cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta