Investigan por homicidio imprudente os pais do bebé morto en Ourense cuxo xemelgo foi ingresado con lesións

Os proxenitores tamén están a ser investigados por un delito de lesións ao irmán do falecido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2019 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 1 de Ourense investiga por un suposto delito de homicidio imprudente os pais do bebé de dous meses morto o pasado mes de marzo na Cidade das Burgas. Ademais, os proxenitores tamén están a ser investigados por un delito de lesións ao irmán xemelgo do falecido, que foi ingresado na UCI do CHUO cunha fractura nas costelas.

Coche da Policía Nacional. ARQUIVO
Coche da Policía Nacional. ARQUIVO

Os pais prestaron declaración a pasada semana no xulgado ourensán, segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que apuntan que "polo momento a cualificación é orientativa e séguense solicitando probas" sobre ambos os casos.ç

A investigación dos feitos continúa aberta á espera de que leven a cabo as dilixencias necesarias para determinar a posible responsabilidade penal dos proxenitores. O contido das probas que se están levando a cabo está amparado polo segredo das actuacións e será necesario esperar ata que finalice a instrución para esclarecer o asunto.

Os feitos ocorreron o pasado mes de marzo cando un bebé de dous meses ingresou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense con lesións costais. Ao día seguinte, o seu irmán xemelgo faleceu no domicilio familiar.

Por mor do acontecido, a Policía Nacional iniciou unha investigación despois de que a traballadora social do hospital comunicase a incidencia ao Servizo de Menores da Xefatura Territorial de Política Social para esclarecer as posibles causas. A Xunta de Galicia asumiu a garda provisional do bebé, con carácter urxente, á espera de que avance a investigación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta