Temas: PP FISIOTERAPIA

O PP rexeita aumentar nun 50% as prazas de fisioterapeutas en Galicia en tres anos

Os 'populares' rexeitaron unha moción do PSdeG, apoiada por En Marea e BNG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2019 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

O PPdeG rexeitou este martes unha moción do PSdeG (apoiada por En Marea e BNG) que, entre outras medidas, pedía incrementar nun 50 por cento as prazas de fisioterapeutas en tres anos, ata 2021.

Demanda dun mell0r servizo de fisioterapia nunha manifestación en defensa da sanidade pública
Demanda dun mell0r servizo de fisioterapia nunha manifestación en defensa da sanidade pública | Fonte: Sindicato de Fisioterapeutas.

No pleno do Parlamento galego, o deputado socialista Julio Torrado denunciou que "faltan profesionais en fisioterapia", polo que cre "razoable" aumentalas en 80 desde as 159 existentes na actualidade en Atención Primaria.

Respecto diso, o deputado socialista sinala que "non é excesivamente complicado" ese incremento, pois "é posible" e "se non o fan é porque non queren".

Esta proposta tamén avogaba por unha reformulación da fisioterapia nunha aposta pola multidisciplinariedade. Así mesmo, instábase á publicación nun prazo de dous meses dunha guía de actuación, que "está perdida nalgún sitio da Consellería", segundo Torrado.

En cambio, a deputada popular Encarna Amigo xustificou a negativa do seu grupo a esta proposta nos "compromisos" adquiridos pola Xunta para a creación de 40 prazas de fisioterapia ata 2021, mentres resaltou a "total colaboración" co sector para chegar a acordos.

A esta moción, finalmente denegada polo PP, presentara unha emenda En Marea co fin de que os cadros de persoal de fisioterapia cumpran cos cocientes da Organización Mundial da Saúde (OMS). Sobre esta cuestión tamén coincidiu o BNG, aínda que a deputada nacionalista Montse Prado lamentou que "non se vai a chegar nin a un cociente aproximada".

Temas: PP FISIOTERAPIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta