Activida a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e Lugo

A Xunta aconsella estar lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2019 | Actualizada ás 09:51

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activará a partir do mediodía deste mércores unha alerta laranxa costeira que afectará os litorais da Coruña e Lugo.

Segundo explica a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, a información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) indica que se trata dun fenómeno meteorolóxico que afectará á costa da provincia lucense e ao noroeste e oeste da Coruña.

Así, na Coruña espérase vento do oeste ou suroeste de forza 8 entre Ortegal e Bares; e en Lugo, ao redor de Bares e mar dentro. Ademais, haberá mar combinada do oeste, con ondas de cinco a seis metros, indica Vicepresidencia.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, espérase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

CONSELLOS

Por iso, a Xunta tamén aconsella evitar diques ou rompientes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas.

Permanecer lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar centran outras recomendacións. A elas súmase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta