Temas: CRISE EMPREGO

O 80% dos galegos non está contento coa súa situación profesional

O 90% está a gusto coa súa vida aínda que non alcanzase metas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2019 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

O 80% dos galegos cre que aínda non logrou o propósito que se fixaron para a súa vida laboral, segundo un estudo de Adecco feito público este mércores con motivo da súa nova campaña 'O teu propósito'.

De tal forma, só o 19,7% dos galegos en idade de traballar consideran que si alcanzaron esa meta, nunha taxa que sitúa por baixo da media española (23,4%). Nese 80% atópanse: un 27,9% pensa que nunca chegará a ese obxectivo; un 34,4% cre que, aínda que non o conseguiu, farao a curto prazo; mentres que o 18% opina que chegará algún día a ese fin.

Con todo, se se pregunta sobre o seu propósito vital, a porcentaxe de galegos que aínda non o conseguiron é menor (o 70,8%). Ademais, a maioría cre que vida laboral e persoal non se poden desligar para lograr os seus obxectivos.

Así mesmo, tres de cada catro enquisados están satisfeitos coa súa vida aínda que cambiarían algunhas cousas. De feito, o 16,4% está plenamente satisfeito. Con todo, un terzo dos galegos di que pasa pouco tempo na súa vida facendo o que máis lle gusta.

PROPÓSITOS LABORAIS E VITAIS

Á hora de analizar por que os galegos non lograron o seu reto profesional hai razóns variadas: falta de boas oportunidades no mercado laboral, crise que levou por diante o negocio de emprendedores e situación económica actual, entre outras.

Preguntado sobre onde se ven dentro de cinco anos, o 60,6% os galegos din que esperan ter un emprego e un futuro mellor que o de agora. Son máis optimistas que os españois (o 58,9%). E é que no tocante á súa situación, os galegos reflexionan que, aínda que non alcanzasen metas, o 90,2% declara que lle gusta a vida que ten (por encima da media española do 79,3%). Aquí hai diferenzas entre o 73,8% que asegura que lle gusta pero que cambiaría algunhas cousas, mentres o 16,4% que se define moi feliz.

Unha pintada crítica coa situación laboral
Unha pintada crítica coa situación laboral

Temas: CRISE EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta