A Policía investiga a un home como presunto autor dun pequeno incendio en Maside

O incendio forestar aconteceu o 3 de amio na parroquia de Trevoedo.

Por E.P. | OURENSE | 08/05/2019 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica tomou declaración a un home como presunto autor dun pequeno incendio forestal ocorrido o pasado día 3 de maio na parroquia de Trevoedo, en Maside (Ourense), e que afectou a unha superficie de 0,1 hectáreas de monte raso.

Diso informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, no que explica que o lume foi orixinado debido a unha queima de restos forestais nunha leira, sen salvagardar as debidas medidas de precaución para este tipo de accións. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda do Carballiño (Ourense).

O departamento autonómico indicou que, na actual campaña contra incendios forestais do 2019, un total de 34 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

Coche da Policía Nacional. ARQUIVO
Coche da Policía Nacional. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta