Temas: AP-9 BREXIT

A influencia do Brexit en Galicia a debate no Foro Económico de Galicia

Esta mesa contará co testemuño directo de representantes de dous dos sectores que máis poderían verse afectados polo Brexit, o téxtil e o pesqueiro, concretamente desde Adolfo Domínguez e Anfaco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2019 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

Máis de 60 economistas, empresarios e expertos en comunicación reuniranse este xoves e venres na Toxa para abordar, da man do Foro Económico de Galicia, asuntos de actualidade que afectan o desenvolvemento económico da Comunidade, como a influencia do Brexit ou a xestión da AP-9.

Segundo explicou nun comunicado a entidade, o "intenso programa" arrincará coa presentación do informe sobre a exposición da economía galega á "incerta deriva" na saída de Gran Bretaña da Unión Europea, o Brexit, dirixido polo economista e expresidente da Xunta Fernando González Laxe. Esta mesa contará co testemuño directo de representantes de dous dos sectores que máis poderían verse afectados polo Brexit, o téxtil e o pesqueiro, concretamente desde Adolfo Domínguez e Anfaco.

A sesión da tarde estará dedicada ás infraestruturas viarias e, de maneira particular, á situación de Galicia, onde a AP-9 "xoga un papel transcendental para a articulación territorial". Nesta mesa abordarase "a dificultade de establecer criterios para o investimento de fondos públicos", moitas veces "en situación de confluencia de intereses políticos e económicos diversos e moitas veces enfrontados".

Así mesmo, farase fincapé na fixación de prezos das infraestruturas construídas. A presentación correrá a cargo de Mar González Savignat, da Universidade de Vigo, César Canle, de Audasa, e Manuel Lago, de CC.OO. O catedrático Antón Costas, da Universidade de Barcelona, será o moderador.

O venres os asistentes poderán escoitar ao presidente da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal, José Luís Escrivá, e, a continuación, o director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago Penas, presentará o grupo de traballo Galicia 2040. Nesta mesma sesión o conselleiro de Medio Rural, José González, exporá as estratexias a longo prazo para este sector en Galicia.

Autopista AP9
Autopista AP9 | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Temas: AP-9 BREXIT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta