Beiras e Villares acompañan a Martiño Noriega na presentación da campaña de Compostela Aberta

Villares expresa así o seu apoio a Compostela Aberta, que foi quen iniciou o pasado verán os movementos para tratar de arrebatar o control da dirección de En Marea ao político lucense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2019 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

Compostela Aberta, a marea municipalista que goberna Santiago desde 2015 con Martiño Noriega á fronte, deu o pistoletazo de saída cara á cita coas urnas do próximo 26 maio en véspera do arranque da campaña, que se iniciará na medianoite deste xoves.

O acto de presentación do programa de Compostela Aberta tivo lugar na tarde noite deste mércores na Sala Capitol, onde se congregaron unhas 300 persoas, entre elas, o histórico dirixente nacioanlista Xosé Manuel Beiras e o portavoz de En Marea, Luís Villares.

Este último expresa así o seu apoio a Compostela Aberta, que foi quen iniciou o pasado verán os movementos tratar de arrebatar o control da dirección de En Marea ao político lucense. Finalmente, o sector crítico saíu derrotado polos afíns a Villares nunhas polémicas primarias que terminaron por dinamitar as relacións entre bandos en En Marea coa posterior división en dúas candidaturas para as eleccións xerais.

Martiño Noriega chegou pasadas as 20,45 horas á sala compostelá, que xa se atopaba chea de público. No seu camiño ao escenario, o rexedor saudou a Xosé Manuel Beiras, que reapareceu publicamente a pasada semana cun acto celebrado en Rianxo tras meses ausente da primeira liña mediática.

Na súa intervención, o alcalde santiagués apelou a lograr outro catro anos máis de goberno para poder así "recoller o sementado" ao longo do último mandato. "Queremos seguir sementando. Este equipo de homes e mulleres honestos que merecen poder recoller todo o sementado", incidiu Noriega, que ironizou con que, ao chegar á alcaldía, pasou "a ser pai de 2.000 'fochancas' na cidade".

Ante a "batalla final" do próximo 26 de abril na que está "en xogo a democracia e o poder exercer a liberdade", Noriega apela á "honestidade" como marca de Compostela Aberta, que "non se debe a grandes contratas, a empresas urbanísticas nin a ningún medio de comunicación". "Debémonos a vós", apostilou.

"Se alguén pensa que todo o que pasa nesta cidade empeza e termina na institución, é que non coñece nesta cidade. Se pensa que todo o que pasa empeza e termina cun alcalde ou alcaldesa, é que non coñece esta cidade", incidiu, para, a continuación, reivindicar a "multitude de motores" que fan de Santiago "unha cidade diversa".

Nesta liña, subliñou que "máis aló das 'fake news' que falan da apocalipse, ningún dato é hoxe peor que fai catro anos", algo que, segundo Noriega, "non é imputable ao goberno, senón a todos" os veciños da capital galega.

26A.- Beiras E Villares Acompañan A Martiño Noriega No Lanzamento Da Campaña De Compostela Aberta
26A.- Beiras E Villares Acompañan A Martiño Noriega No Lanzamento Da Campaña De Compostela Aberta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Fu Man Chu

A hipocresía e patetismo de certos individuos é difícil de medir. Hai que inventar unha escala especial de valores éticos porque saen da gráfica. É como os portos "hors de categorie" do Tour de France.

4 indepe da UP

Martiño Presidente de Galiza independente!

3 Mr. Propper

La tipografía utilizada en el mitin me recuerda a un anuncio de detergente

2 XanKaraLlás

A división da esquerda e o nacionalismo por culpa de sectarismos ou personalismos é imperdoable.

1 Gamela

Luís Villares e non estaba tamén Mario López Rico ? Así a festa estaría completa !!!