José Luís Rodríguez Zapatero fará este sábado campaña en Galicia

Visitará Lugo e As Pontes para apoiar aos candidatos Lara Méndez e Valentín González Hermoso

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O expresidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, visitará este sábado Galicia para participar en actos de campaña en Lugo e As Pontes, lugares nos que arroupará aos respectivos candidatos do PSOE ás Alcaldías, Lara Méndez e Valentín González Formoso.

En concreto, acompañado polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, José Luís Rodríguez Zapatero visita Lugo á primeira hora de mañá para participar nun acto xunto á aspirante á Alcaldía, Lara Méndez. Tras a súa visita á cidade da muralla desprazarase, tamén co líder do PSdeG, ao municipio coruñés das Pontes, no que participará na presentación da candidatura socialista á Alcaldía que encabeza Valentín González Formoso.

Precisamente, Valentín González Formoso tamén preside na actualidade a deputación da Coruña, unha institución cuxa presidencia o Partido Socialista aspira a revalidar.

Zapatero con Abel Caballero en Vigo
Zapatero con Abel Caballero en Vigo | Fonte: vigoalminuto.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Este individuo cada vez que abre a boca sube o pan... dende os "brotes verdes" ata "venezuela" é experto en derrotas (o malo é que sempre pagamos nós!) http://gamela00.blogspot.com/2010/0...