Temas: TELEVISIóN

Un terzo dos galegos xa non ve a televisión convencional ou o fai só en ocasións puntuais

A media española sitúase no 37,9%. O 15% dos galegos utiliza xa o móbil ou a tableta de forma habitual para ver series ou películas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O 30,63% dos galegos, máis dun millón de persoas entre 18 e 64 anos, xa non ve a televisión convencional ou o fai só en ocasións puntuais, un dato inferior ao da media estatal, situado no 37,9%. Así se desprende do Observatorio sobre novas tendencias de consumo dos españois, elaborado por Rastreator.com, que analizou o novo comportamento dos usuarios ao redor da televisión e as novas plataformas de contidos dixitais.

Consumo de televisión
Consumo de televisión | Fonte: Pixabay.

Nos últimos anos, produciuse un cambio de tendencia no consumo de entretemento no fogar cara a plataformas de contido baixo demanda. De feito, o 15% dos galegos utiliza xa o móbil ou a tableta de forma habitual para ver series ou películas.

O 55% dos galegos xa consome televisión baixo demanda e o 62,16% afirma que o contido baixo demanda é máis interesante que o da TV tradicional.

No conxunto de España, máis de 5 millóns de usuarios, o 11% da poboación entre 18 e 64 anos afirma non ver nunca a televisión convencional e un 26,9% só o fai en ocasións puntuais.

Son os mozos os que manifestan en maior medida este cambio de tendencia no consumo de televisión: máis da metade dos españois de entre 18 e 24 anos (50,9%) optan por plataformas TV baixo demanda e ou non ven nunca a TV convencional ou o fan só en momentos puntuais.

En canto ao tipo de contido, os galegos prefiren as películas e as series fronte aos documentais ou os deportes. Segundo este informe, o 73,7% elixe a súa plataforma de contidos en función do catálogo de series.

Temas: TELEVISIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hai nove anos asistimos á maior estafa informativa que vivimos da man deste PSOE que dí unha cousa e ao día seguinte fai a contraria ! Onde están as vantaxes da famosa TDT dos sociolistos? Medio mundo mercando televisores e adaptando antenas e decodificadores para tiralos á basura un ano despois? E logo pagar TV a Demanda ou tragar a novas canles de extrema dereita da TDT ! http://gamela00.blogspot.com/2010/0... Sería boa cousa sacar un Dossier dos custes reais da TV a Demanda en Galicia !!!