Sanidade destina máis de 5 millóns á compra de dez tipos de vacinas

Aumentan un 5% as doses contra a gripe na campaña de 2018.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta autorizou este xoves a prórroga do acordo marco para a compra de dez tipos de vacinas empregadas no calendario infantil por 5,1 millóns de euros para 221.380 dose.

Esta é a prórroga do acordo marco asinado en 2016 co Ministerio de Sanidade co obxectivo de mellorar as condicións para a súa adquisición. Inclúe vacinas que se utilizan en situacións específicas e grupos de risco para 2020.

O lote ten moitas das principais vacinas a utilizar no calendario infantil como a varicela, difteria, tétano, hepatite A e B para idade pediátrica, así como o meningococo C, entre outras.

"Este acordo marco permite unha maior eficiencia do programa e control do gasto!", segundo Feijóo. Nunha primeira fase o Ministerio regula a fixación dos prezos máximos e establece as bases que rexerán os contratos derivados en cada comunidade, tras o cal procédese á execución do contrato en cada autonomía.

UN 5% MÁIS DE DOSE CONTRA A GRIPE

Por outra banda, Sanidade informou no Consello deste xoves de que administrou 567.408 dose da vacina contra a gripe na campaña de 2018, o que supón un cinco por cento máis que o anterior ano.

Vacinas
Vacinas | Fonte: Arquivo- EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta