O delegado do Goberno ve como boa notica os datos do CIS en Santiago

"Isto é a foto fixa dun momento, agora ao longo da campaña e das datas que pasan desde que se fixo a enquisa pode variar", di Javier Losada.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/05/2019 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, subliñou, ao ser preguntado sobre a enquisa do CIS que dá aos socialistas como a forza máis votada na cidade de Santiago, que "o importante son as tendencias".

"Isto é a foto fixa dun momento, agora ao longo da campaña e das datas que pasan desde que se fixo a enquisa pode variar", recoñeceu, no entanto, coincidindo cunha visita, no polígono de Pocomaco, ao operativo de distribución de material loxístico para as eleccións europeas e municipais do 26 de maio.

Sobre os resultados que obtería o PSOE nesta cidade, considerouno "unha boa noticia". Con todo, recalcou que, como delegado do Goberno, a súa postura é a de manter a "neutralidade". "Porque somos nós quen garantimos que leven a cabo as eleccións", subliñou.

Javier Losada, delegado do Goberno. RADIO GALEGA
Javier Losada, delegado do Goberno. RADIO GALEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta