Feijóo asegura que o voto ao PP nas europeas servirá "para dicir á UE que Galicia é importante"

En presenza do candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Agustín Hernández, Feijóo advertiu que "só hai unha vía" para que este sexa rexedor, que é "votar ao Partido Popular".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 23:55

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou no arranque da campaña electoral para as eleccións municipais e europeas do 26 de maio, que o voto ao seu partido servirá "para dicir á Unión Europea que Galicia é importante". No tradicional acto de pegada de carteis que os populares celebraron no Hotel Compostela de Santiago, Feijóo advertiu que os intereses de Galicia "están en xogo".

E é que, tal e como sinalou, o número oito do PP ás eleccións europeas, o galego Francisco Millán Mon, "gañouse o respecto das institucións" comunitarias "defendendo a Galicia e a España". Fronte a isto, situou ao resto de candidatos galegos, "aos que non lles importou Galicia", xa que "uns empregaron o seu escano para dicir que estaban en contra das vacinas, outros para promocionar o nacionalismo e o independentismo e outros mesmo nin o usaron".

"SÓ HAI UNHA VÍA"

Ademais, e en presenza do candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Agustín Hernández, Feijóo advertiu que "só hai unha vía" para que este sexa rexedor, que é "votar ao Partido Popular".

Neste contexto, expresou que aínda que "son moitos" os partidos que se presentan nas eleccións, "só haberá un alcalde" na cidade compostelá. "Ou é Martiño Noriega co soporte dos socialistas e nacionalistas, e para o que se pode votar ás mareas de Podemos, PSOE, BNG, Vox ou Cidadáns; ou é Agustín Hernández, para o que só hai unha vía: votar ao Partido Popular", explicou.

Núñez Feijóo
Núñez Feijóo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 SitoM

"Ou pensan que a farinha vai chegar a Bruxelas por vía óptica?" (recalcou, logo de mirar se Marcial lhe mandou un toque polo ghuasap...)