Detidos dous cidadáns iranianos no Aeroporto de Alvedro con pasaportes falsos

Os axentes da Policia Nacional descubríronos cando estaban a realizar o control de pasaxeiros dun voo con destino a Londres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a dous cidadáns iranianos no aeroporto da Coruña con pasaportes falsos cando tentaron pasar o control fronteirizo de Alvedro. Segundo informou a Policía Nacional, os feitos sucederon sobre as 18:00 horas do pasado día 5 de maio cando axentes adscritos á Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras atopábanse desempeñando as súas funcións no Posto Fronteirizo do aeroporto coruñés de Alvedro.

Cando estaban a realizar o control de pasaxeiros dun voo con destino a Heathrow (Londres), detectaron que a documentación que presentaban dous cidadáns iranianos podía estar falsificada.Entón realizaron as comprobacións pertinentes e verificaron que os dous pasaportes que portaban esas persoas para pasar o control eran falsos, indicou a Policía.

Os pasaxeiros foron detidos e trasladados a dependencias policiais onde se instruíron as correspondentes dilixencias para dar conta do ocorrido á autoridade xudicial. Unha vez finalizado o ateigado policial, os arrestados foron postos a disposición do xulgado de Instrución de garda da Coruña.

OUTRO DETIDO

A Policía lembrou non é a primeira vez que axentes da Policía Nacional detectan pasaxeiros que pretenden viaxar ao Reino Unido e trataron de superar un control fronteirizo suplantando a identidade doutra persoa, utilizando para iso un pasaporte subtraído ou extraviado, así como persoas que tentan voar con documentación falsa.

De feito, o pasado día 27 de marzo axentes da Policía Nacional detiveron a outro cidadán iraniano que pretendía viaxar a Londres con documentación falsa.

As funcións de control da Policía Nacional consisten en comprobar sistematicamente os documentos de viaxe das persoas beneficiarias do dereito á libre circulación conforme ao dereito da Unión, cando entren ou saian do territorio dos Estados membros, mediante a consulta das bases de datos de documentos roubados, subtraídos, extraviados e invalidados, co fin de garantir que ditas persoas non ocultan a súa verdadeira identidade.

A detención destes dous cidadáns levouse a cabo por axentes adscritos ao Posto Fronteirizo Aéreo da Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras da Comisaría Provincial da Coruña.

Aeroporto de Alvedro, A Coruña
Aeroporto de Alvedro, A Coruña | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta