Primeiro premio Galiciencia 2019 para un proxecto de loita biolóxica contra a avespa velutina

A décimo cuarta edición de Galiciencia outorgou este venres os seus premios. Nesta ocasión, a temática principal dos proxectos foi a saúde e os bos hábitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

O proxecto de loita biolóxico contra a avespa velutina desenvolvido polos estudantes Nuno Sinde e Pedro Fernández do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio foi este venres o gañador do primeiro premio de Galiciencia 2019. Un galardón que vai acompañado dunha dotación de 1.000 euros para financiar a súa participación noutra feira de científica de carácter estatal, Exporecerca 2020 que se celebrará en Barcelona.

OURENSE (Galiciencia gañadores+Conde)
OURENSE (Galiciencia gañadores+Conde) | Fonte: Europa Press

Así mesmo, cabe destacar que os seus antecesores, os gañadores da pasada edición de Galiciencia, alzáronse o pasado mes de abril co primeiro premio da feira estatal Exporecerca e serán agora os representantes españois no certame europeo Expo Science Europa. A décimo cuarta edición de Galiciencia outorgou este venres os seus premios nun acto que contou coa participación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, entre outros. Nesta ocasión, a temática principal dos proxectos foi a saúde e os bos hábitos.

O segundo premio foi parar ao sistema de aceso intelixente para vehículos axustado a un alcoholímetro, ideado por Pablo Páramo do Colexio Maristas Santa María de Ourense. O recoñecemento está dotado de 500 euros, para asistir á feira científica vasca homóloga de Galiciencia, a Zientzia Azoka. A estudante ourensá Iria González do Campamento tecnolóxico T2W de Tecnópole levou o terceiro premio. O seu traballo consistiu en desmotar a aparente compoñente de azar do programa de televisión The Wall. Así mesmo, tamén se outorgaron varias mencións especiais nas categorías de saúde e bos hábitos, mellor comunicación oral, innovación e método científico.

Cabe mencionar que un participante das primeiras convocatorias foi o encargado de deseñar a aplicación móbil empregada polo xurado para valorar os distintos proxectos participantes nesta edición e escoller aos vencedores. A feira que cumpre 14 edicións continúa sumando visitantes e centos de proxectos e consolida a Tecnópole en San Cibrao das Viñas (Ourense) como un espazo de referencia para a divulgación da ciencia e a innovación.

"OPORTUNIDADE" PARA OS MOZOS

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, aludiu á consolidación de Galiciencia en Ourense como a principal feira de ciencia da comunidade. "Trátase, sobre todo, dunha oportunidade para que os máis novos demostren as súas capacidades e o seu talento", explicou. Conde visitou este venres a carpa de proxectos de Galiciencia, acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. A continuación, participaron na entrega de premios.

"Un país como Galicia ten que seguir traballando no impulso das vocacións científicas e especialmente, no talento dos máis novos no campo tecnolóxico, un aspecto que nos diferencia", declarou Francisco Conde. O conselleiro de Economía percorreu as diferentes casetas da feira e resaltou "as solucións innovadoras e a creatividade" de todos os proxectos. Así mesmo, quixo agradecer a participación dos 150 mozos de diversos colexios e a implicación dos profesores que, nos últimos meses, acompañaron aos seus alumnos na preparación de traballos "de gran calidade e interese para impulsar o coñecemento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta