Revés do PP tras rexeitar a Xunta Electoral unha denuncia contra o rexedor de Oleiros por unha intervención na radio

O tribunal "non aprecia infracción da normativa electoral".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A Xunta Electoral de Zona da Coruña rexeitou unha denuncia do PP e dálle a razón ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños), sobre unha intervención realizada na radio municipal.

Nunha resolución do 7 de maio, a Xunta Electoral de Zona sostén que "non aprecia infracción da normativa electoral" nas palabras do rexedor o pasado 2 de maio no programa 'Fío aberto' nas que informou sobre a actuación levada a cabo en relación cos actos vandálicos que tiveron lugar en vehículos nun colexio.

Na súa decisión, este órgano sinala que o rexedor se limitou a "deixar en dúbida" as acusacións de "desidia" cara a Concello para expor que se cursaron "ordes aos axentes municipais para labores de vixilancia e prevención daqueles, xustificando así un corrector proceder dos responsables municipais con bos resultados".

De tal forma, non aprecia a concorrencia dun contido electoralista e contrario á lei nestas declaracións. Contra esta decisión cabe interpor recurso ante a Xunta Electoral Provincial.

Angel García Seoane, alcalde de Oleiros
Angel García Seoane, alcalde de Oleiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta