Cáritas, contra a precariedade no traballo

Reivindica o "fin da secuela da precariedade laboral" nun acto en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2019 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

A entidade social Cáritas Interparroquial de Santiago de Compostela reivindicou esta mañá, nun acto na Praza do Toural, o "fin da secuela da precariedade laboral".

A concentración, celebrada con motivo da XXVI Xornada de Solidariedade cos Parados no marco do Día Internacional do Traballo e oficiada polo responsable de emprego de Cáritas Interparroquial Santiago, Miguel Fernández, consistiu nun minuto de silencio en solidariedade coas persoas desempregadas seguido da lectura dun manifesto no que se reclamaron unha serie de medidas para mellorar a situación dos parados.

Suso Casal, profesor no colexio compostelán Lasalle, foi o encargado de ler o manifesto. Así, Cáritas denunciou a "indecente precariedade do traballo, que está a afectar á mocidade afundida nunha pobreza crónica imposibilita un proxecto de vida".

No manifesto, Cáritas pediu que "se faga efectivo por parte dos poderes públicos o dereito a un traballo digno para todas as persoas" e que "se recoñeza social e xuridicamente o traballo de coidados".

Por último, Casal, na súa intervención en nome de Cáritas, sinalou que "o traballo se ten que producir nunhas condicións laborais que garantan a integridade física".

Cáritas reivindica o 'fin da secuela da precariedade laboral' nun acto en Santiago
Cáritas reivindica o 'fin da secuela da precariedade laboral' nun acto en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta