A cidade de Guayaquil en Ecuador estrea estatua do Apóstolo Santiago

O monumento resalta a iconografía de Santiago peregrino e a importancia do Camiño de Santiago para a historia universal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2019 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A cidade de Guayaquil, en Ecuador, inaugurou unha estatua en bronce dedicada ao Apóstolo Santiago. A instalación deste monumento enmárcase na apertura do Paseo e da praza de España, situada á entrada do Porto de Santa Ana.

Con isto, ponse de manifesto a estreita relación da peregrinaxe a Santiago co país suramericano. O pasado ano, chegaron á cidade compostelá polas diferentes rutas xacobeas ata 457 peregrinos ecuatorianos, un 10% máis que en 2017.

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou este sábado, xunto co embaixador de España en Ecuador, Carlos Abella e de Arístegui, no acto conmemorativo en honra ao Apóstolo Santiago.

A estatua foi creada por Nixon Córdoba. O monumento resalta a iconografía de Santiago peregrino e a importancia do Camiño de Santiago para a historia universal. Destaca que Santiago Apóstolo é o patrón de Guayaquil e o Santo preséntase sobre o Cerro de Santa Ana, orixe primigenio da vila.

No acto tamén participou a agrupación de gaiteiros galegos Lume na lareira, que se desprazaron á cidade ecuatoriana desde Santiago de Compostela.

Escultura do Apóstolo Santiago na catedral de Santiago de Guayaquil
Escultura do Apóstolo Santiago na catedral de Santiago de Guayaquil | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta