En Marea propón plans municipais para suplir carencias de transporte no ámbito rural

Por E.P. | OURENSE | 12/05/2019 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

A formación de En Marea defendeu a necesidade de impulsar plans municipais que suplan as actuais carencias da zona rural galega, en especial, no que afecta o transporte, as gardarías e á conexión a Internet.

En actos de campaña celebrados en Trives e Manzaneda, o portavoz de En Marea, Luís Villares, denunciou o "fracaso" do Plan de Transporte da Xunta e as dificultades que existen no rural para realizar desprazamentos.

Ante isto, a formación aposta por impulsar plans de carácter municipal e comarcal que posibiliten unha mobilidade cómoda e áxil, que permita comunicar as localidades coa cabeceira da comarca e os distintos lugares coa capital do concello.

CONEXIÓN A INTERNET

Pero o portavoz de En Marea tamén incidiu na necesidade de que o ámbito rural conte con acceso a Internet que permita "reivindicar o futuro" destas zonas. A ausencia de conexión a Internet, subliñou, dificulta o asentamento empresarial e o impulso a alternativas laborais.

Así, comprometeuse a "presionar para que Internet chegue a todos os puntos". Entre as súas propostas, tamén comprometeu que a formación se compromete a tratar de suplir a falta de prazas de gardarías, con servizos municipais para nenos de 0 a 3 anos.

TRIVES

Luís Villares estivo acompañado do candidato de Son de Trives-En Marea, Jorge Vázquez e do alcalde e candidato á reelección de Son de Manzaneda-En Marea, Félix Domínguez, así como do candidato de En Marea-Compromiso por Europa Davide Rodríguez.

En Marea, agregou, aposta por Concellos abertos, conectados coas necesidades reais da cidadanía e activamente implicados na mellora da calidade de vida dos veciños. Un modelo que "dista moito" da situación actual de Trives, cunha xestión "desastrosa", segundo Jorge Vázquez e "unha situación económica crítica, cunha débeda que case está ao mesmo nivel que o orzamento anual".

O candidato en Trives reivindicou a necesidade dun cambio a nivel municipal que consiga que a localidade "volva ser o centro de comarca que sempre foi". Vázquez criticou o "abandono sistemático de todas as actividades económicas, culturais e turísticas dun goberno que non está a coidar os distintos sectores" e apelou á necesidade dun cambio que leve "aire novo".

En Marea Propón Plans Municipais Para Suplir Carencias De Transporte No Ámbito Rural
En Marea Propón Plans Municipais Para Suplir Carencias De Transporte No Ámbito Rural | Fonte: En Marea

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta