As camisolas negras enchen as oposicións de Enfermaría en sinal de protesta

O Sergas ofertaba 830 prazas para 7.675 aspirantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2019 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Os exames para as oposicións correspondentes á categoría de enfermaría nas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, celebráronse este domingo no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra) cun total de 7.675 asistentes. Unha xornada que tamén foi reivindicativa xa que moitas das participantes acudiron ao exame con camisolas negras en sinal de protesta pola situación desta profesión.

A enfermaría 'tingue de negro' as oposicións do Sergas deste domingo para protestar contra a precariedade
A enfermaría 'tingue de negro' as oposicións do Sergas deste domingo para protestar contra a precariedade

O movemento Enfermeiras eventuais en loita, que se espallou por toda Galicia a través das redes sociais, ven organizando desde hai semanas un acto de protesta para denunciar a precarización do emprego en enfermería, o colectivo sanitario máis numeroso. E unha das súas principais protestas eran as oposicións deste domingo xa que chamaban ás opositoras a ir vestidas de negro ao exame para conseguir unha instantánea que visibilice ante a sociedade as condicións en que traballan na sanidade pública.

“En oito anos, o contrato máis longo que tiven foi de trinta días”,  conta Jorge Novo, un dos impulsores desta acción reivindicativa para a que mesmo fixeron camisetas cun deseño propio.  Desde que entrou na lista de chamamentos en 2011, acumula 259 contratos, 119 deles de dous días ou menos.

OPOSICIÓNS

O número de persoas admitidas ao proceso deste domingo era de 8.738 persoas, o que supón unha participación do 87,83%. Neste proceso selectivo ofértanse 830 prazas, das cales 372 corresponden á quenda de acceso libre, 415 á de promoción interna e 43 á de discapacidade, segundo informou a Consellería de Sanidade mediante un comunicado.

Dos 8.738 admitidos, o 5,8% dos aspirantes proveñen de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, o 72,6% teñen menos de 40 anos e o 88,1% do total son mulleres. Como en anteriores procesos selectivos, para cumprir as esixencias de obxectividade e imparcialidade na selección de aspirantes, reforzáronse as medidas de seguridade coa posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma segurizada para a elaboración dos exercicios da fase de oposición.

Deste xeito, garantiuse o seguimento de todo o proceso, así como da selección aleatoria e automatizada de preguntas do exame.

Enfermeiras en Loita polas súas condicións laborais
Enfermeiras en Loita polas súas condicións laborais | Fonte: remitida
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta