Temas: TURISMO ALLARIZ

Día de cine na apertura do 'Festival de Xardíns' de Allariz

O 12 de maio abriu as portas ao público e o concello aproveitou para celebrar dunha forma especial a súa décima edición. Centos de persoas asistiron á inauguración.

Por X.M. Fernández | Allariz | 14/05/2019 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Éxito total na presentación e apertura deste Festival de Xardíns que se consolida no calendario de actividades anuais de Allariz e que serve de reclamo para cada vez máis xente. Neste estreo, ao que acudiu numerosísimo público, houbo sorpresas en forma de música e de teatro ademais da presenza de gran parte dos creadores dos xardíns.

Actuación musical na apertura do Festival de Xardíns. Fonte: Prensa Allariz
Actuación musical na apertura do Festival de Xardíns. Fonte: Prensa Allariz

Baixo o tema central “Xardíns de Cine”, o Festival, que poderá ser visitado ata o 3 de novembro, alberga doce xardíns efémeros seleccionados entre 37 propostas recibidas dende diferentes puntos da xeografía mundial. Destes doce, dez xardíns entran en concurso a través da votación do público que visita anualmente o recinto. Móstrase, ademais, o xardín gañador do ano pasado, o portugués Forbidden Garden e tamén o xardín deseñado polo alumnado dos centros docentes de Allariz, CEIP e IES.

Participan nesta edición, paisaxistas galegos, cataláns, italianos, escoceses, austríacos, alemáns e mesmo americanos que presentan, por unha banda, espazos dedicados a películas coñecidas, e por outra outros máis conceptuais cheos de aromas florais e deseños que convidan a soñar.

Festival Internacional de Xardíns de Allariz está consolidado tamén no panorama paisaxístico, sendo un referente a nivel estatal por ser o único con destas características. Entre maio e outubro, pasan visitalo preto de 40.000 visitantes

Inauguración 'Festival Internacional de Xardíns'. Fonte: Prensa Allariz
Inauguración 'Festival Internacional de Xardíns'. Fonte: Prensa Allariz
Temas: TURISMO ALLARIZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta