Detido un mozo con antecedentes por roubar 425 euros da caixa rexistradora dun local comercial en Ourense

O home forzou presuntamente a entrada do establecemento aproveitando a ausencia da propietaria.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/05/2019 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a un mozo de 33 anos con antecedentes como presunto autor dun delito de roubo con forza nun local comercial da zona d'A Ponte onde subtraeron 425 euros tras forzar a caixa rexistradora.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que motivaron a detención sucederon o 5 de setembro de 2018 cando a propietaria comunicou que, ao finalizar a súa xornada de mañá ás 13,00 horas pechou o establecemento e cando regresou ás 15,00 horas dese mesmo día comprobou que o entrepano inferior da porta de entrada do local "recibira un forte golpe e estaba fracturado".

O seu interior atopábase todo revolto e estaba a caixa rexistradora tirada e forzada, da que faltaban 425 euros, relataron as mesmas fontes. Axentes de Policía de UDEV da Comisaría Provincial de Ourense iniciaron a investigación que concluíu o 13 de maio coa detención do presunto autor dun delito de roubo con forza neste local.

O detido foi identificado como un home de 33 anos de idade natural de Ourense, ao que lle constan oito arrestos anteriores. Quedou en liberdade en dependencias policiais.

Coche da Policía Nacional
Coche da Policía Nacional | Fonte: Michel Curi

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta