Unhas 13 empresas presentan ofertas para construír o novo centro de saúde en Melide (A Coruña)

A nova infraestrutura situarase "moi preto" da actual e terá unha superficie de máis de 1.900 metros. O edificio ncluirá ademais un Punto de Atención Continuada (PAC).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2019 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Un total de 13 empresas presentaron ofertas para a construción do novo centro de saúde de Melide (A Coruña), licitado pola Xunta a través da Axencia Galega de Infraestruturas por algo máis de 3 millóns de euros. Segundo informa o Goberno galego, o ambulatorio, que se construirá nunha parcela de case 5.000 metros cadrados cedida polo Concello, incluirá tamén un Punto de Atención Continuada (PAC).

Personal sanitario. EUROPA PRESS - Arquivo
Personal sanitario. EUROPA PRESS - Arquivo

Esta nova infraestrutura situarase "moi preto" da actual, segundo a Xunta, e agrupará todos os servizos sanitarios nun só edificio. A superficie construída será de máis de 1.900 metros cadrados, o que representa un incremento de en torno ao 60 por cento con respecto ao actual centro de saúde, que dispón de 1.200 metros cadrados.

O edificio terá cinco consultas de medicina de familia, cinco de enfermaría, unha de pediatría e outra de enfermaría pediátrica. Así mesmo, contará cunha sala de toma de mostras, unha consulta de farmacia e outra de matrona, ademais dunha sala de educación sanitaria, unha consulta de odontólogo e hixienista. Construirase tamén unha zona de fisioterapia con ximnasio, ademais dunha consulta, cabinas de tratamento e sala de espera. Tamén terá salas de xuntas, aseos, recepción e almacéns, entre outros espazos.

En canto á PAC, disporá dunha consulta de medicamento e outra de enfermaría, sala de reanimación-observación, recepción, aseos, vestiarios, esperas, tres dormitorios e sala de estar do persoal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta