A líder do BNG carga contra os gobernos das mareas

Ana Pontón di que os concellos nos que gobernan os rupturistas "non souberon xestionar".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2019 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, desprazouse neste quinto día de campaña electoral para as municipais e europeas ao municipio coruñés de Rianxo, onde gobernan os nacionalistas capitaneados por Adolfo Muíños, candidato á reelección. Alí, advertiu de que o "modelo BNG" é a alternativa ao "bipartidismo" de PP e PSOE e tamén ao "rupturismo" das candidaturas das mareas, que "non souberon xestionar".

Ana Pontón, de campaña en Rianxo
Ana Pontón, de campaña en Rianxo | Fonte: Europa Press

En contraposición, e durante unha visita na que coñeceu de primeira man un proxecto de vivenda social do goberno local de Rianxo, sinalou que este é un concello "máis de como o modelo BNG transforma en positivo, mellorando a vida das persoas".

"Un modelo que funciona e que é a única garantía de cambio real nos concellos fronte a fórmulas fracasadas do bipartidismo de sempre e fronte aos que viñan cambialo todo pero nin deixan unha xestión eficiente", sinalou Pontón, quen instou, por iso, a todas as persoas que reclaman un cambio transformador desde os concellos a que o 26M collan a papeleta do BNG.

Nesta liña insistiu en que os galegos que aposten por un cambio real nos concellos teñen "a súa opción" no BNG, porque esta formación é "a garantía dun cambio real nos concellos".

Así, en contraposición ao "bipartidismo" e aos gobernos das mareas, Pontón defendeu que "onde goberna o BNG, transforma vilas e cidades, cun proxecto sólido, que mellora a vida das persoas e demostra con feitos que logra concellos cun urbanismo sustentable, ben xestionados, honestos, feministas e con orgullo da identidade propia, a cultura e a lingua".

APOSTA POLAS POLÍTICAS DE INCLUSIÓN

"Esta é a proposta do Bloque para o 26M: estender un modelo municipal de referencia, un modelo que funciona e sendo garantía de cambio real", salientou a dirixente nacionalista, quen puxo como exemplo dun "goberno a favor das persoas" o proxecto de vivenda social en aluguer, que visitou este martes.

De feito, indicou que o goberno local, a pesar de non ter competencias en vivenda, aposta por políticas de inclusión social, e de integración que "non deixan a ninguén atrás e que tenden a man ás persoas e familias con menos recursos".

Unha proposta que está, dixo, nas "antípodas" do PP, que "salvaba a banca mentres desafiuzaba miles de persoas sen alternativa algunha". Fronte a iso, o BNG defende unha política social de vivenda, con medidas como que os inmobles da Sareb se transfiran ás administracións públicas "para poder cubrir demandas sociais de vivenda", unha actuación que debería ser asumida polo Estado.

Pontón tamén denunciou como o PP "no que milita Feijóo", onde tiña responsabilidades de goberno, "vendeu miles de vivendas de protección a fondos voitre sen ningunha garantía para as familias ou deixando sen posibilidade de emanciparse á xente nova que non pode pagar un aluguer aos elevados prezos de mercado fronte aos seus salarios".

HABERÁ UNHA SEGUNDA FASE

Pola súa banda, o alcalde e candidato, Adolfo Muíños, destacou a importancia deste proxecto de rehabilitación de vivendas. Neste sentido, destacou que se trata da restauración dunhas antigas vivendas de mestres que levan 50 anos abandonadas, "pero que agora cobran nova vida para facilitarlle unha vivenda digna", con aluguer social, a familias con poucos recursos ou vítimas de desafiuzamentos.

Respecto diso, o candidato avanzou que levará a cabo unha segunda fase que completará a rehabilitación das antigas casas de mestres e anunciou que dispoñen dunha parcela que ofrecerá para a construción de vivendas a prezos accesibles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 eusi

jajaja, como anda este BNjajaja...

4 Xan d

Pontona, ponte a traballar dunha p. vez.

3 Gamela

Para coller a papeleta do BNG compriría saber quén ven sendo o candidato, e polo que respecta a Vigo non hai maneira de saber de onde saíu este miñaxoia ? Ao mellor é que agora os candidatos do BNG escóllense por sorteo coma na antiga Atenas ? Ou seguen sendo marcados pola UPG coma se fixo sempre? Os de abaixo somos sempre os últimos en enterarnos dos temas espiñentos... Lembrade que en Vigo ides por baixo de Vox... que xa é unha vergoña para Vigo e para o BNG !!!

1 Argonauta

O Gamelismo sempre dando a nota...pois non hai na politica viguesa nada que criticar comenzando polo tremendo apoio que acada un alcalduchopallasete como o Cain Caballero...calqueira cousa que apresenten os outros (incluida a burra francis) pode estar a altura das suas patochadas..

2 Fer

Ti ben sabes que ao Abel Caballero colocouno o BNG na alcaldía, igual que sentou na Deputación Clientelar de Pontevedra a súa segunda, a impresentable Carmela Silva. Sabedes que o BNG é unha marca branca que traballa para o PsoE, hoxe mesmo en La Voz de su Amo (que tanto protexedes desde o poder, igual que o PP, e vos da alas) xa non disimulan: suman os votos para darlle alcaldías al PsoE. O dito, vistos os resultados, algo estades facendo rematadamente mal en Vigo e na Galiza. Logo, que menos, Ana Pontón dimisión! E a dirección nacional, toda fóra! Renovarse de verdade ou desaparecer! Agora que xa engordou, que disfrute do chupado!

2 antón de guizán

Señora Pontón: Pensa buscarse, algunha vez, un traballo ou é que pensa vivir toda a vida da política ?

1 Un galego

Unha cousa non quita a outra. Ao mellor Ana debería buscar un traballo pero iso non quita que os outros o fixeran rematadamente mal, sobre todo en Ferrol. E anda que non hai elementos no outro lado que tamén deberían buscar un traballo... Unha aperta.

1 Graine

E ten toda a razón do mundo, rachar a unidade do nacionalismo e venderse a forzas madrileñas españolistas o único que conseguíu foi crear un piñeirismo 2.0, supeditarse ó modelo centralista e esquilmador do Estado e perder tempo e recursos facendo de Galiza unha comunidade máis de segunda división e que non conta pra nada. Todo co infinito apoio do aparato de Podemos e dos massmedia. O resultado vémolo e sufrímolo onde non goberna o BNG.

1 eusi

Quen rachou o BNjajaja por dentro? Os eternos subordinados e obrigados a achantar? Ou a apisonadora dos carneiros? Sempre chorando e botándolle a culpa aos demais, superada ese trauma!