Investigan se unha muller ferida evacuada en helicóptero foi vítima de malos tratos

Os feitos tiveron lugar en Vimianzo na mañá deste mércores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga unha posible agresión machista nun domicilio do municipio coruñés de Vimianzo na mañá deste mércores.

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que indicaron que o equipo de Policía Xudicial acudiu ao lugar dos feitos para esclarecer o sucedido, que se investiga como un posible caso de violencia machista.

A muller, de 48 anos, foi levada en primeiro lugar a un centro de Atención Primaria da zona nunha ambulancia asistencial desde onde, posteriormente, evacuárona en helicóptero ao Hospital Clínico, sinalaron fontes sanitarias.

Helicóptero medicalizado. JCYL - Archivo
Helicóptero medicalizado. JCYL - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta