Compostela Aberta promete ampliar o programa de bolsas a familias con nenos en situación de exclusión social

Expón incluír unha axuda non finalista para sufragar actividades fora do ámbito escolar como vía para "romper os círculos de pobreza".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

Compostela Aberta prometeu que, no caso de que revalide o próximo 26 de maio o goberno da capital galega, ampliará a coñecida como 'Renda Básica Infantil', que actualmente chega a "unhas 300 familias" santiaguesas con dificultades económicas a través de bolsas de comedor, material e actividades extraescolares no centro educativo.

Así, segundo concretou a actual edil de Políticas Sociais, Concha Fernández, a marea santiaguesa quere ampliar este programa para que os beneficiarios poidan recibir unha axuda "non finalista" que permita que os seus fillos e fillas acudan a actividades extraescolares fora do centro educativo.

"Cremos que esta é a única forma de romper os círculos de pobreza e acabar coa trasmisión intergeneracional da pobreza, fomentando a igualdade de oportunidades", concretou Fernández, acompañada este mércores nunha rolda de prensa polo actual rexedor santiagués e aspirante á reelección, Martiño Noriega.

Ao fío da proposta electoral, os candidatos da marea santiaguesa sinalaron que a ampliación do programa achegará "estabilidade" ás familias porque a axuda chegará "xa ao principio de curso". Agora mesmo, a partida municipal para a 'Renda Básica Infantil' é de 600.000 euros, polo que a súa ampliación implicaría un aumento do seu orzamento --aínda sen estimacións por CA-- para a súa posta en marcha, algo que non ocorrería no caso de que salga adiante ata o inicio do curso 2020/21.

BALANCE EN POLÍTICA SOCIAIS

Noriega aproveitou a rolda de prensa para facer balance sobre as políticas sociais impulsadas ao longo do último mandato, no que, segundo o alcalde, "todos" os índices melloraron respecto dos que había antes da chegada de CA ao goberno da capital de Galicia.

Así, con base en datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), resaltou a diminución de case 5 puntos na taxa de persoas en risco de pobreza (do 14% en 2014 ao 9,55% en 2017, último ano con cifras) e a caída doutro cinco puntos na taxa de exclusión social no mesmo período (do 17,53% ao 12,47%).

Deste xeito, valorou uns datos que, di, "serán mellores" cando se coñezan as cifras de 2018 e que van na liña ascendente da economía e a creación de emprego que experimenta a cidade, apoiadas nas "ferramentas" postas en marcha polo goberno, remarcou Noriega.

Nesta liña, puxo o foco na ordenanza da 'Garantía Básica Cidadá', unha iniciativa "pioneira no Estado"; o programa 'Axuda non fogar' ou as mencionadas bolsas destinadas a familias en risco de exclusión con fillos en idade de escolarización.

Compostela Aberta en rolda de prensa
Compostela Aberta en rolda de prensa | Fonte: COMPOSTELA ABERTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta