O Sergas convoca oposicións de enfermaría e fisioterapia tras as críticas das profesionais

O concurso-oposición será de 169 prazas para enfermaría especialista e 71 para fisioterapia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca un concurso-oposición de 71 prazas para fisioterapia e 169 para enfermaría especialista nas especialidades de traballo, saúde mental, familiar e comunitaria, obstétrica e xinecolóxica e enfermaría pediátrica. Un anuncio que chega logo das protestas masivas que as profesionais fixeron este domingo durante as oposicións realizadas en Silleda.

Das 169 prazas para enfermaría especialista, 30 son de saúde mental, 30 de enfermaría familiar e comunitaria, 89 de enfermaría obstétrico-xinecolóxica, 18 corresponden a enfermaría pediátrica e dúas a enfermaría do traballo.

Segundo destacou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, trátase do primeiro proceso selectivo que se convoca en execución do Decreto 81/2016 de 23 de xuño, "que crea a categoría de enfermaría especialista no Sergas". A intención da administración, resalta Sanidade, "é impulsar as especialidades de enfermaría, coa progresiva dotación de prazas e a incorporación a estas de persoal titulado en condicións de pleno recoñecemento normativo e profesional".

Como novidade neste proceso, explica Sanidade, realizarase a verificación de "certos requisitos" de participación a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta. "Isto implica que os aspirantes que non se opoñan no formulario de solicitude de participación á consulta a través da plataforma, non terán a obrigación de achegar documentación acreditativa", sinalou. No caso de oporse, os aspirantes deberán proporcionar a documentación acreditativa dos requisitos tal e como se había habitualmente.

A enfermaría 'tingue de negro' as oposicións do Sergas deste domingo para protestar contra a precariedade
A enfermaría 'tingue de negro' as oposicións do Sergas deste domingo para protestar contra a precariedade

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta