Miranda censura a "irrelevancia política" do Goberno para defender en Europa a pesca artesanal galega

A eurodiputada destacou que "Galicia necesita unha voz forte en Europa que defenda a pesca galega".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou a "irrelevancia política" do goberno estatal en materia de pesca artesanal galega tras a reunión entre o ministro Luís Planas co comisario de Pesca, Karmenu Vella. Ana Miranda sinalou que despois da negativa da Comisión Europea ante a defensa da pesca artesanal, o sector necesita "unha voz máis forte en Europa que defenda o sector con contundencia".

Para a eurodeputada nacionalista, a definición da pesca artesanal galega debe ter en conta as características específicas do sector galego, así como aspectos crave como as artes de pesca e o seu impacto no ecosistema mariño, a venda de peixe fresco, o tempo de permanencia do mar, a distancia da costa e o número de tripulantes das embarcacións.

DEFENSA DA PESCA GALEGA

Miranda explicou que ningún dos gobernos centrais nin tampouco a Xunta de Galicia souberon defender o sector pesqueiro galego. Por iso, destacou que "Galicia necesita unha voz forte en Europa que defenda a pesca galega". Ademais, a eurodeputada lembrou que se abstivo na votación do informe do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca na sesión plenaria do pasado 4 de abril, por non incluír a definición da pesca artesanal proposta polo Bloque.

Por outra banda, lamentou que tampouco se avanzou para que se recollan as características da pesca artesanal galega expresada no Parlamento Europeo, como tampouco outras demandas sociais expresadas pola delegación galega. Así mesmo, a eurodeputada defendeu que "tivo que ser o BNG quen levou nestes anos ao sector pesqueiro artesanal e de marisqueo galego a Bruxelas a falar directamente coa Comisión Europea".

ENCONTRO CON MARISCADORAS

Miranda tivo un encontro co colectivo de mariscadoras de Carril, xunto á deputada do Parlamento galego, Montse Prado, e a candidata á alcaldía, Lucía César Veloso, co fin de "defender os dereitos das mariscadoras para evitar a súa discriminación, tanto respecto ao salario que reciben como a cuestións de saúde".

Esta tamén manifestou que se solicitará un tratamento específico para o sector do marisqueo a pé, para poder "mellorar a situación das mulleres nos novos programas pesqueiros". Doutra banda, Veloso afirmou que o sector marisqueiro "é fundamental para o desenvolvemento económico, social e cultural do concello", e que desde o BNG teceranse "as redes que fagan falta para polo no lugar que se merece".

Pesca.- Miranda (BNG) censura a 'irrelevancia política' do Goberno para defender en Europa a pesca artesanal galega. BNG
Pesca.- Miranda (BNG) censura a 'irrelevancia política' do Goberno para defender en Europa a pesca artesanal galega. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta