Feridas tres persoas na Coruña tras unha colisión entre un camión e un turismo

O suceso ocorreu sobre as 17;45 horas na AC-12, á altura do quilómetro 3 en sentido A Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas na tarde deste mércores nun accidente de tráfico ocorrido na Coruña e no que se viron implicados un camión e un turismo. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 17,45 horas na AC-12, á altura do quilómetro 3 en sentido A Coruña, onde chocaron un coche e un camión.

Ata a zona desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia, a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da estrada. Ademais, o 112 informou do sucedido aos Bombeiros da cidade.

Camioneiro conducindo un camión
Camioneiro conducindo un camión | Fonte: transporte 3

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta