Feijóo intenta evitar as folgas na sanidade anunciando soldos de 61.500 euros e 331 prazas

“Se alguén coñece a un médico de Atención Primaria ou pediatra pois que llelo comente pois podemos contratalo de forma inmediata”, concluíu.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2019 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

Investimentos millonarios, acordos cos sindicatos, novas prazas públicas e melloras tecnolóxicas. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, veu cunha chea de medidas e anuncios debaixo do brazo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Unhas medidas, dixo, que teñen coma obxectivo mellorar a situación da Atención Primaria en Galicia xusto cando hai convocadas folgas en Vigo para a semana que ven e protestas en toda Galicia para o 19 de xuño, ademais das protestas do sector da enfarmaría.

Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias
Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias | Fonte: xunta.gal

Este novo paquete de axudas resúmese en 102 millóns de euros repartidos en contratación de persoal adicional, equipamento para os PACs e para mercar vacinas. “O obxectivo é dar resposta aos retos asistenciais que temos, tanto aos camibos sociodemográficos, epidemiolóxicos e ás novas inquietudes profesionais”, suliñou.

Preguntado por este medio se este novo anuncio non ten coma finalidade acalar as protestas dos profesionais, Feijóo insistiu en que as medidas están pactadas cos representantes sindicais, cos colexios profesionais e “con outras entidades”. “É o único que existe destas características no Estado quitando o do Servizo Vasco de Saúde”, engadiu.

NOVO PLAN

No marco deste plan, 17,2 millóns serán destinados para incorporar novos profesionais á sanidade pública e para mellorar a situación laboral dos que xa están. Por iso, anunciou un novo contrato de tres anos para os médicos sen praza co obxectivo de incrementar a súa estabilidade. Un contrato que estará dotado con 61.500 euros ao ano. “Son medidas que xa están pactadas cos sindicatos”, puntualizou.

Ademais, anunciou a creación de 331 prazas na sanidade pública. Serán 80 para médicos de familia, 20 para pediatría, 130 para enfermaría, 20 para matronas, 14 para traballadores sociais, 20 para fisioterapia e 4 para formación. Tamén se reservan outras 23 para novas capacidades formativas en pediatria e atención primaria.

Por outra banda, a Xunta destinará 79,5 millóns para equipamentos. Deste xeito, crearanse cinco novos centros de saúde en Melide, Narón, Bouzas, Porriño e Moaña, ademais de realizar melloras noutros centros de toda Galicia. Ademais se renovará parte do material sanitario e informático coa adquisición de 5.000 equipos de impresión.  Finalmente, os 5,6 millóns restantes serán para mercar vacinas.

“Se alguén coñece a un médico de Atención Primaria ou pediatra pois que llelo comente pois podemos contratalo de forma inmediata”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Riolo

Soldos millonarios para funcionarios, miseria para o resto.

1 antón de guizán

Pode presentarse para ser funcionario , ninguén llo impide

2 Violeta 4

Máis ou menos como dicir que tampouco podemos criticar o que fan os políticos porque todos podemos presentarnos ás eleccións. Pero o problema non é ese. O problema é que os soldos dos funcionarios e políticos saen dos impostos cos que nos masacran aos que temos soldos de mil euros cunha preparación e dedicación horaria superior á dos do sector público

2 Dr Bacterio

61.000 euros de soldo. Será para os do PP ?

1 Sermáis

Ao frijol entroulle o pánico. Agora é cando compre apertalo aínda máis e denunciar todo o denunciable dunha sanidade galega agonizante e privatizadora lider en precariedade e recortes. Por non falar dos mortos que quedaron no camiño á espera de recoñecemento ou tratamento. Hai que botalos!