Traballadores da recollida de lixo da Coruña aprazan a folga

"Para non causar molestias á cidade" acordaron aprazar ata o mércores, día 22, a decisión sobre unha posible convocatoria de folga indefinida.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/05/2019 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Cespa, a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria da Coruña, aprazaron a folga, dando un prazo á empresa para cumprir aspectos como o pago das indemnizacións.

Recollida do lixo na Coruña
Recollida do lixo na Coruña | Fonte: Turvegal.

Así o informou o secretario do comité de empresa, Luís Varela, que explicou que desde a empresa se lles comunicou que non puideron abonar as indemnizacións pendentes a traballadores no prazo previsto por atrasos que vincularon coa ponte en Madrid (San Isidro) e ao ser este venres festivo en Galicia (Día das Letras Galegas).

Luís Varela sinalou que "para non causar molestias á cidade" acordaron aprazar ata o mércores, día 22, a decisión sobre unha posible convocatoria de folga indefinida.

Por outra banda, explicou que o luns, ás 08,00 horas, están convocados a unha reunión do Consello Galego de Relacións Laborais para a súa mediación entre as partes. Sobre a folga, dixo que a convocarán se a empresa non cumpre o compromiso de pagar as indemnizacións na nova data fixada, así como outros acordos pendentes.

Sobre este conflito, o alcalde herculino, Xulio Ferreiro, manifestou que desde a empresa se lles transmitiu que as cuestións que reclaman os traballadores, entre elas o mantemento dos vehículos, "están resoltas".

En canto á posible convocatoria de folga, asegurou que espera que "esta alarma quede apaciaguada" ante os compromisos da empresa, pero tamén a mediación solicitada ao Consello Galego de Relacións Laborais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta