Alertan de que "máis de 400" explotacións lácteas pecharon en Galicia no último ano

As explotacións lácteas xa se sitúan por baixo das 7.500, segundo as estimacións da Federación Rural Galega (FRUGA).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2019 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

As explotacións lácteas en Galicia xa se sitúan por baixo das 7.500, en concreto 7.458, segundo as estimacións da Federación Rural Galega (FRUGA) Elías Somoza.

Danone recibe un dobre recoñecemento de AENOR en materia de benestar animal. ZOETIS - Arquivo
Danone recibe un dobre recoñecemento de AENOR en materia de benestar animal. ZOETIS - Arquivo | Fonte: Europa Press

No "último ano" pecharon "máis de 400" granxas de leite, baixando o número ata menos de 7.500 e cuns prezos que se abonan por litro de leite "entre 29 e 30 céntimos", moi por baixo da media estatal e tamén europea.

FRUGA atribúe esta "caída" a distintas "razóns", entre outras, que se estean asinando contratos coas industrias "que non están a significar unha suba dos prezos".

"A día de hoxe vemos como cae o número de explotacións, son agora 7.458 en Galicia, o que significa que hai unha tendencia que aboca ao peche", reiterou.

A Federación Rural Galega censurou que "cada vez máis as empresas impoñen prezos de forma unilateral sen ningún tipo de negociación cos gandeiros; ou o asinas ou o deixas".

Á vista destes datos subliña que a "situación é complexa", que se complica "aínda máis" cos "ataques da fauna salvaxe", o que conduce tamén a que as "marxes son cada vez menores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta