Ana Pontón pon como exemplo de xestión do BNG o concello de Carballo porque crea "bos lugares para vivir"

A portavoz nacional do BNG comparou a situación actual coa anterior de "un lugar parado no tempo, sen pulso, que quedaba no camiño en dirección á Coruña".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

Pontón, enxalzou o modelo municipal de "éxito" da formación nacionalista con exemplos como o de Carballo (A Coruña), que demostra que se crea "bos lugares para vivir" e con "políticas novas".

Ana Pontón desprazouse a Carballo, onde goberna desde 2003 o alcalde nacionalista Evencio Ferrero, nun acto de campaña no que puxo en valor o modelo municipal do BNG. "Deixa á vista a capacidade de transformación dos gobernos BNG que melloran a vida das persoas e crean dinamismo económico, social e cultural, cun Carballo convertido nun referente en toda Galicia polo seu bo facer", resaltou Pontón.

26M.- Pontón Enxalza En Carballo A Xestión Do BNG Que Crea 'Bos Lugares Para Vivir' Con 'Políticas Novas'. BNG
26M.- Pontón Enxalza En Carballo A Xestión Do BNG Que Crea 'Bos Lugares Para Vivir' Con 'Políticas Novas'. BNG | Fonte: Europa Press

En Carballo, comparou a situación actual coa anterior de "un lugar parado no tempo, sen pulso, que quedaba no camiño en dirección á Coruña". "Pero esta vila é unha referencia en toda a comarca e en todo o país", remarcou, tras a repartición electoral con Ferrero e o resto da candidatura no mercado da localidade. Pontón agregou que Carballo sintetiza os sinais de identidade do modelo de éxito do BNG, que se quere estender por Galicia o 26M.

"Urbanismo a favor das persoas", cun "antes e un despois" da chegada á alcaldía do BNG foi outro dos puntos destacados por Pontón, quen enxalzou tamén a política cultural "á altura de calquera cidade" ou o seu dinamismo económico "cun parque empresarial que avanza e cunha aposta polo comercio local e de proximidade".

En base a este "aval", visible na "transformación en positivo" de Carballo, Pontón pediu o apoio para Evencio Ferrero, para que Carballo siga "avanzando de forma imparable". O proxecto que representa o BNG "gañou en experiencia, capacidade de xestión, en visión estratéxica cara onde camiña Carballo" e é "importante" que "non se torza o 26 de maio: "o mellor está por vir".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta