Aumenta o número fogares galegos con Internet contratado

Segundo os datos facilitados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) nos núcleos máis pequenos rexistrouse o maior incremento nestes anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2019 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

O 82% dos fogares galegos conta cun servizo de Internet contratado, fronte ao 51,6% que se rexistraba no ano 2011. Os núcleos de 20.000 a 100.000 habitantes superan a media galega e a porcentaxe de fogares con banda ancha contratada sitúase entre o 86 e o 91%.

Segundo os datos facilitados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) nos núcleos máis pequenos rexistrouse o maior incremento nestes anos. Nos de menos de 10.000 a contratación aumentou máis do dobre, pasando do 37,6% a preto do 76% e nos de 10.000 a 20.000, do 55,7% a case o 80%.

INCREMENTO DO USO DE INTERNET

Pero nos últimos anos tamén se incrementou de forma considerable o uso de Internet en Galicia: do 58% de 2011 ao 80,4% en 2018, crecendo 22,4 puntos, o quinto mellor incremento de España. O uso de Internet crece ademais en todas as franxas de idade. Entre os menores de 44 anos, os valores aproxímanse ao 100%, en especial entre os mozos entre os 16 e os 24 anos, cun 98,4%. Entre os de 25 e 34 anos, o uso alcanza o 98,3% e entre os de 35 e 44, o 94,6%.

As porcentaxes tamén son moi elevados na seguinte franxa de idade, alcanzando o 87,6% nos galegos de 45 a 54 anos, cando en 2011 quedaba no 54,3%. No caso concreto da franxa de 55 a 64 anos, usan Internet ata o 64,8% dos galegos, fronte ao 26% de 2011, crecendo nun 149%, a maior subida de España. Por último, entre os 65 e os 74 anos, a cifra chega xa a un 44,2% de uso cando en 2011 apenas alcanzaba o 9,2%.

Persoas maiores, centro de maiores, xubilados, xubilado, xubilación. EUROPA PRESS - Arquivo
Persoas maiores, centro de maiores, xubilados, xubilado, xubilación. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta