Dez alcaldes que entraron por moción de censura repiten como candidatos

Hai casos que se enfrontan a candidatos que desaloxaran das alcaldías e outros que o fan por siglas diferentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2019 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O dez alcaldes que accederon a través dunha moción de censura ao longo do mandato local que agora termina volven ser candidatos nesta carreira electoral que desembocará o vindeiro domingo 26 de maio. En oito casos, ademais, volveranse competir nas urnas cos rexedores aos que desaloxaron do bastón de mando.

Concretamente, trátase dos municipios pontevedreses de Oia, Tui e Pontecesures; e os coruñeses de Fene, Coristanco, Mugardos, Santa Comba, Noia, Boimorto e Sobrado dos Monxes. Pero aínda que os actuais alcaldes repiten como candidatos, hai que ter en conta algunhas especificidades, xa que algúns mesmo non o fan coas mesmas siglas.

Por exemplo, no caso de Coristanco (A Coruña), Abraham Gerpe farao agora nunha candidatura independente, despois de saltar a disciplina do que era o seu partido, o PSOE, para facerse coa Alcaldía co apoio de concelleiros do PP --que pasaron ao non adscritos--. Neste municipio perdeu o bastón de mando Amancio Lavandeira (Terra Galega), que volve presentarse e enfrontarase, deste xeito, a quen lle arrebatou o goberno local.

SOBRADO E BOIMORTO

Outro caso particular o de Sobrado dos Monxes, posto que o alcalde actual, o socialista Lisardo Santos, fora desaloxado previamente por María Jesús García Souto (Todos por Sobrado). Ambos volverán verse nas urnas o 26 de maio.

A estas dúas singularidades hai que sumar unha máis, a de Boimorto. O popular Gonzalo Concheiro fíxose co bastón de mando en agosto de 2015, apenas uns meses despois de que arrincase o mandato, e desaloxou a Xosé Luís Rivas 'Mini', agora deputado do BNG no Parlamento, co apoio do tránsfuga socialista Juan Balado. Con todo, en maio de 2016 dimitiu como rexedor alegando motivos persoais (no medio dunha investigación por fraude) e foi substituído por María Jesús Novo Gómez, que agora repite como candidata o 26 de maio, do mesmo xeito que o fai o parlamentario nacionalista.

Mentres, no municipio pontevedrés de Oia e no coruñés de Noia os dous alcaldes desaloxados non se presentan agora como candidatos, pero si o farán os actuais rexedores, Cristina Correa Pombal (PP) e Santiago Freire (PP), respectivamente. Deste xeito, cae da lista do PSOE Rosa María Otero Carballa en Oia e a encabeza agora Gerardo Rodríguez Refojos; mentres que en Noia Miguel Paz, substituído como cartel socialista por Sergio Campos neste municipio coruñés.

AUTORES DA MOCIÓN CONTRA DESALOXADOS

En Tui, Carlos Vázquez Padín (Converxencia 21) --actual alcalde-- e Enrique Cabaleiro (PSOE) veranse nas urnas; do mesmo xeito que a desaloxada Cecilia Tarefa (BNG) e José Manuel Vidal Seage (PP) en Pontecesures, onde tamén volve presentarse o tenente de alcalde que favoreceu a moción, Anxo Manuel Souto Cordo (Terra Galega).

Pola súa banda, en Fene, o rexedor, Gumersindo Gallego (PP), enfrontarase a quen arrebatou o bastón de mando, Juventino Trigo (BNG); do mesmo xeito que o desafiuzado Juan Domingo de Dios (PP) en Mugardos baterase electoralmente con Pilar Díaz (Esquerda Unida-Son en Común), a actual alcaldesa. Nas urnas de Santa Comba daranse cita, así mesmo, José Antonio Ucha (PSOE), que perdeu o mandato nunha moción de censura pola popular María José Pose, que volve encabezar a lista do PP para facerse coa presidencia da corporación municipal.

Recursos de elecciónsEUROPA PRESS - Arquivo
Recursos de elecciónsEUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta